Non esquecemos que seguimos sen o decreto que ten que desenvolver a lei da RISGA, vixente dende o 1 de xaneiro de 2014. A Xunta vai para récord e acumula 4 anos de atraso na súa publicación. As últimas novas neste senso foron a publicación, nos últimos meses de 2017, do proxecto deste decreto.