nadal

Dámoslle pulo á convocatoria da Asemblea por un Vigo +Social e CAÍN (Colectivo de Admiradores da Iluminación de Nadal) que organizan un un roteiro "turístico" baixo o lema: Vigo de luces e sombras.

A Asemblea por un Vigo +Social critica o elevado gasto previsto un ano máis para o alumeado de Nadal, mentres seguen sen atenderse as necesidades reais da cidadanía viguesa.

Seguimos coas xuntanzas para organizar unha campaña a propósito do desemesurado gasto do alumeado de Nadal en Vigo. Lembramos que xa están comprometidos máis de 4 millóns até 2021 en alumeado e ornamentación navideña.

Continuamos co proceso de autoorganización a propósito do desemesurado gasto do alumeado de Nadal en Vigo.

Temos de novo xuntanza o mércores 31 de outubro ás 19:00 nos locais da parroquia do "Cristo da Vitoria" (rúa Baiona 9, Coia - Vigo).

Tras a boa acollida da xuntanza do pasado martes 16 de outubro, volvemos a convocar un novo encontro. Será o mércores 24 de outubro ás 19:00 nos locais da parroquia do "Cristo da Vitoria" (rúa Baiona 9, Coia - Vigo).

Na Galiza 65 mil persoas sofren pobreza enerxética: non poden facer fronte ás facturas de luz, gas ou calefacción.

Mentres a desigualdade e a precariedade medran, a factura eléctrica non para de subir. Temos a terceira electricidade máis cara de Europa.