concello de Vigo

O venres 3 de marzo ás 11h00 a A.VV. de Teis, Os ninguéns e a ODS-Coia convocamos unha nova concentración nas portas da UTS Teis/Travesía en Dr. Corbal 21.

Mentres o alcalde fala de Nadal -en novembro- as veciñas de Teis e Travesía teñen a oficina de servizos sociais da zona “pechada, ata novo aviso, todos os XOVES e VENRES”.

José Luis Escrivá -ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións- aproveitando o Día Internacional para a Erradicación da pobreza anunciaba a posta en marcha do autobús do Ingreso Mínimo Vital (IMV) que vai percorrer diferentes puntos do estado para informar e axudar na tramitación desta

Doe estar na miseria. Incomoda ollar que pasan semanas, meses, anos, xeracións e ver que os cartos sempre son problema. Mellor dito, a ausencia deles é a nosa enleada.

“O alcalde deu conta esta mañá da aprobación as axudas de emerxencia que non teñen límite orzamentario e que xa parten de inicio dunha cantidade de 1.125.000, 200.000 euros máis que o ano pasado”1, así comeza o texto publicado o xoves 17 de decembro na web do Concello de Vigo.

Medra a curva de contaxios do coronavirus e con ela tamén aumentan as nosas dificultades para cubrir necesidade básicas. Por iso precisamos máis que nunca políticas sociais, as cales foron recortadas e entregadas ao mercado, que garantan unha vida digna para todas.

Achegamos o artigo pulicado por Diego Correa en Novas da Galiza, número de xullo de 2019, e que leva por título: "Florentino Pérez coida de Abel Caballero".

A onda privatizadora dos servizos sociais leva anos con ritmo acelerado. Na Galiza e Vigo non somos alleos a esta realidade.

Nos barrios, nas periferias resoan as verbas do alcalde de Vigo: “La oficina antidesahucios es mi mesa. Llamo yo al banco y los paro”. Declaracións que son insulto para moitas de nós, as que sufrimos a violencia cotiá de vivir sen termos cubertas as necesidades básicas.

Hai tempo que o albergue municipal de Marqués de Valterra, xestionado por Cruz Vermella, está cuestionado por gran parte da veciñanza da cidade.

O 31 de outubro ficaremos sen o servizo de “Coidadoras de barrio”. Moita xente pode descoñecer en que consiste, mais moitas igual repararon en persoas que camiñan con camisolas laranxas polas rúas de Coia, Teis, Calvario, Casco Vello, Travesas ou Bouzas.