clece

Achegamos o artigo pulicado por Diego Correa en Novas da Galiza, número de xullo de 2019, e que leva por título: "Florentino Pérez coida de Abel Caballero".

A onda privatizadora dos servizos sociais leva anos con ritmo acelerado. Na Galiza e Vigo non somos alleos a esta realidade.

Hai uns días o Concello de Vigo anunciaba, outro ano máis, a apertura do prazo de solicitudes do “Programa municipal de axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, subministros e alimentación – 2019”.

Mentres os medios da cidade falan dos miles de euros que o goberno de Caballero vai repartir a 1800 fogares, ninguén fala da persoa máis beneficiada polas políticas sociais do concello.

A Asemblea Aberta de Coia convoca á cidadanía a participar nunha concentración baixo o lema: “A pobreza que Caballero quere tapar con mentiras”.

O luns 23 de febreiro ás 10:30 diante do Concello de Vigo volvemos á praza do Rei, nun día de pleno municipal, para representar aquelas situacións de pobreza que o goberno municipal, e tamén o autonómico, queren tapar con mentiras e medias verdades.