RBis

A Renda Básica das iguais

Dende a ODS-Coia asumimos a defensa e a mellora da proposta da Renda Básica das Iguais (RBis), tarefa na que non faltan os apoios de moitos grupos e colectivos.

Definimos a RBis como o dereito que ten cada cidadán e cada cidadá, polo feito de nacer, a percibir unha cantidade periódica para cubrir as súas necesidades materiais.

Non obstante, para convertela en algo máis que unha declaración de principios, á definición engadímoslle unhas características, estruturais e de opción política, que a converten nun instrumento de acción política e social, así como nun mecanismo que garante a redistribución da renda. Estas características especifican que a RBis ha de ser individual (non familiar); universal (non contributiva e para todos); incondicional (independente do nivel de ingresos e do mercado de traballo); a contía ha de ser polo menos igual ao albor de pobreza e recibir cada persoa a mesma cantidade; unha parte da RBis percibirase en man e a outra en forma de bens de uso colectivo; a maioría das prestacións sociais actuais suxeitas a control e gasto burocrático quedarán refundidas na RBis; e como instrumento de loita contra o capitalismo, esperamos que se converta nun patrimonio dos movementos anticapitalistas.

+info:

http://rentabasicadelasiguales.coordinacionbaladre.org

http://rbis.coordinacionbaladre.org

http://www.rentabasica.net

Vídeos: Ya es la hora de la Renta Básica de las iguales > https://vimeo.com/413592535

Es la hora de la Renta Básica de las Iguales > https://vimeo.com/424466164

Este xoves 13 de maio participamos nas II Xornadas sODStendo o planeta que organiza a Uvigo xunto á Rede Social Galiza Sur.

Achegamos un texto enviado desde Málaga polas compañeiras de Zambra, leva por título: "La Renta Básica de las Iguales una herramienta para nuestras vidas". Nestas letras recollen as experiencias coa Renda Básica das iguais nos últimos dez anos.

En tempos de confinamento hai moito debate sobre rendas básicas, rendas mínimas, medidas para abordar o empobrecemento... No ano 2012 publicamos na Galiza o texto "Estudo de viabilidade da renda básica das iguais en Galiza.

Onte lanzamos xunto a unha ducía de entidades do país a campaña: "Nin RISGA, nin Ingreso Mínimo Vital. RENDA BÁSICA XA!". Achegamos unha comparativa entre a RISGA e a Renda Básica:

A RISGA non serve por:

Partillamos o vídeo coa participación de Koldobi Velasco no que conversa con Carmen Castro sobre rendas básicas desde unha ollada feminista.

Verán para moitas e tempo de lectura. Baladre dende hai anos leva apostando pola edición de libros e moitas seguro que sodes coñecedoras do amplo catálogo. En Coia temos moitos dos títulos, polo que se tedes interese non dubidedes en contactar para facervos con eles.

Reproducimos o texto da companheira Mari Fidalgo publicado no Novas da Galiza de setembro baixo o título Renda Básica das iguais: auto-defesa e construçao de comunidade:

Cadernos para saber máis e debater mellor. Este é o lema do suplemento deBullando recollido en Irimia, a revista quincenal de crentes galegos. O caderno nº4 que saíu do prelo neste mes de maio está dedicado á Renda Básica das iguais.

Dende a economía social, en concreto a xente de REAS (Rede de Economía Alternativa e Solidaria), escriben unhas letras a propósito dos recortes na Renta Garantía de Ingresos da CAV.

Partillamos unha entrada dos nosos compas de Erletxea sobre a Renda Básica das iguais. Dende Irún, e xunto a moitas persoas e colectivos, tecen redes na procura doutras formas de vida máis respectuosas co planeta e coas persoas que o habitamos.

Prestacións de 400€ concedidas con meses de atraso e despois dunha morea de trabas burocráticas e controis por parte dos servizos sociais.