xornadas

Dámoslle pulo á convocatoria das "Jornadas Anti-Carcerárias" que se vai celebrar en Vigo do 4 a0 6 de abril:

Rematamos as presentacións da persoas e colectivos que van participar o sábado 2 nas xornadas "Da RISGA á Renda Básica das iguais" con Josep Manel Busqueta. Economista, escritor e panadeiro e membro do Seminario de Economía Crítica Taifa.

Dende hai tempo seguimos a Albert Sales, posto que os seus textos están a ser moi lucidos á hora de analizar a pobreza, a exclusión social dentro do capitalismo.

Seguimos coas presentación das persoas que van participar nas xornadas “Da RISGA á Renda Básica das iguais”. Logo do xantar, retomaremos a sesión de tarde da man de Clara Griera.

Continuamos coas presentacións das participantes nas xornadas "Da RISGA á Renda Básica das iguais". Pecharemos as xornadas coa palestra: “Os Puntos de Información e Denuncia e Asembleas de empobrecidas-precarias”.

Dende hoxe até o venres 1 de abril iremos presentando ás persoas e colectivos que van participar nas xornadas "Da RISGA á Renda Básica das iguais" que se van celebrar en Compos

Prestacións de 400€ concedidas con meses de atraso e despois dunha morea de trabas burocráticas e controis por parte dos servizos sociais.

Tal e como adiantabamos esta semana o sábado 2 de abril celebraremos as xornadas: “Da RISGA á Renda Básica das iguais.

As xentes de Baladre da Galiza temos case pechada unha data que para nós é moi importante. O sábado 2 de abril en Compostela convidamos a persoas e colectivos da terra a asistir á xornada que leva por título: “Da RISGA á Renda Básica das iguais”.

Este sábado 7 de novembro temos o pracer de convidar a toda a veciñanza do barrio e da cidade á xornada: “Ambulatorio de Coia. Un espazo, novos usos".

Diversos colectivos da cidade organizamos o 16 e 17 de xuño as Xornadas: “Libros para transformar a realidade”. Coas presentacións dos dous libros convidamos a todas aquelas que pulan por desbordar o sistema capitalista a reflexionar en común, a dialogar, a crear formas de vida viables para toda a humanidade, para todo o planeta.

- Presentación do libro: “En la Espiral de la energía”. Coa presenza de Luis González Reyes (Ecoloxistas en Acción). Martes 16 de xuño ás 19:30 no local de Árbore (r/López Mora 30, Vigo).

Un libro sobre a historia do planeta e da humanidade, dende a perspectiva do consumo enerxético e material.

O pasado 15 de novembro o concello galego de Teo acolleu unhas xornadas pola Renda Básica Universal.