Nos barrios, nas periferias resoan as verbas do alcalde de Vigo: “La oficina antidesahucios es mi mesa. Llamo yo al banco y los paro”. Declaracións que son insulto para moitas de nós, as que sufrimos a violencia cotiá de vivir sen termos cubertas as necesidades básicas.
O vindeiro sábado 24 de novembro imos até a Lugo grazas ao convite da xente Lugo sen Mordazas. Baixo o título "Tecendo comunidade: alternativas e loita social fronte á represión e privatización" organizan un ciclo de actividades.
A represión non para. Hoxe a xente da Alianza Contra a Pobreza Enerxética coñeceron que tres compañeiras -unha delas a súa voceira María Campuzano- eran denunciadas por Agbar por defender os dereitos de todas nunha acción nas dependencias desa compañía.
Convidamos a participar na presentación do libro "Vidas Culpáveis, o controlo neoliberal do crime" que se vai celebrar o venres 3 de novembro a partires das 20:30 na Cova dos Ratos. No acto contaremos coa presenza do seu autor Borxa Colmenero.
Foron moitos meses de resistencia, pero o luns celebrabamos todas na parroquia do "Cristo da Vitoria" que o policía local retiraba a acusación contra Diego, o día antes do xuízo.
A Asemblea Aberta de Coia inicia este domingo un peche solidario para reclamar a absolución do activista Diego Lores, que será xulgado o día 17 pola denuncia falsa por agresión dun axente municipal.
Poñerlle voz e corpo ás loitas veciñais na defensa do ben común. Coñecer as resistencias que se tecen para frear os intereses especulativos e electoralistas, colocando a vida e os dereitos sociais no centro.