Van facer 8 anos do 4 de decembro de 2014. Esa mañá un grupo de veciños e veciñas interrumpiron as obras que o concello de Vigo acometía na rotonda de Castelao.
Foron moitos meses de resistencia, pero o luns celebrabamos todas na parroquia do "Cristo da Vitoria" que o policía local retiraba a acusación contra Diego, o día antes do xuízo.
Dámoslle difusión á palestra titulada "Redes de apoio fronte á represión" que organiza a Asemblea Aberta de Coia o vindeiro venres 4 de novembro, ás 18:30, na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa 2, Vigo). Este acto enmárcase dentro das actividades en apoio a Diego.
A Asemblea Aberta de Coia convoca unha concentración: contra a criminalización da protesta. Basta de montaxes policiais! Será este xoves 12 de marzo ás 9:30, diante dos xulgados de Vigo.
O goberno de Caballero e a súa policía local seguen na procura de castigos "exemplarizantes" para acalar as protestas de Coia en contra do barco na rotonda.