xulgados

Hai uns meses contábamos como Lucía, unha rapaza da nosa cidade, viña de gañar unha batalla persoal e xudicial coa Xunta [1].

Tras as mentiras dos axentes da policía local, que están a empregar a presunción de veracidade que se lles supón en contra da veciñanza, este mércores o noso compañeiro Diego acode aos xulgados para explicar o acontecido o 15/12 na rotonda de Coia.

Non estará só xa que a Asemblea Aberta de Coia convoca unha CONCENTRACIÓN diante do edificio novo dos xulgados baixo o lema: Solidariedade coa loita polos dereitos sociais, solidariedade con Diego! Será este mércores 18 de marzo a partires das 9h30.

Condenaron a Xurxo con mentiras, e agora queren facer o mesmo con Diego. A violencia, o medo e as súas mentiras non conseguirán acalar unha protesta chea de razóns: non se poden tirar os cartos nunha rotonda, cando unha maioría sofre gravísimos problemas para cubrir as necesidades básicas.

A Asemblea Aberta de Coia convoca unha concentración: contra a criminalización da protesta. Basta de montaxes policiais! Será este xoves 12 de marzo ás 9:30, diante dos xulgados de Vigo.

O goberno de Caballero e a súa policía local seguen na procura de castigos "exemplarizantes" para acalar as protestas de Coia en contra do barco na rotonda.

Este martes 11 de xuño as compas da PAH Vigo Tui Baixo Miño convocan unha concentración ás 12h00 no cruce dos catro bancos de Colón en protesta contra os abusos e a impunidade financieira.

Ao rematar (sobre as 14h00) iremos aos XUZGADOS de Vigo onde entregaremos un escrito que pide a obxección de conciencia dos xuíces. PRECISAN de nós para facer presión social e cidadá.