A Oficina de Dereitos Sociais de Coia (ODS-Coia) remata a súa actividade. A tarefa que iniciamos o setembro de 2007 acaba pasados 16 anos. Uns últimos cursos con menor actividade e forzas, fixeron que pensaramos que o mellor era botar o peche.
Estamos moi preto da 6ª edición da Escola de Acción Social Crítica e Transformadora que este ano vai celebrarse en Coia (Vigo). Co obxecto de animar á participación o xoves 6 de xullo as xentes de Baladre presentan o libro: "Poniendo la vida en el centro".
Xa temos todo preparado para a 6ª edición da escola de Acción Social Crítica e Transformadora que este ano celébrase en Coia co lema: "Comunidade é seguridade".
Un ano máis, as colectivas e individualidades que conformamos o Foro Galego da Inmigración queremos visibilizar as violencias que entraña o sistema de fronteiras e as políticas migratorias para as vidas e corpos das persoas migrantes.
O venres 3 de marzo ás 11h00 a A.VV. de Teis, Os ninguéns e a ODS-Coia convocamos unha nova concentración nas portas da UTS Teis/Travesía en Dr. Corbal 21.
O xoves 19 de xaneiro ás 11h00 a asociación veciñal de Teis, Os ninguéns e nós convocamos unha concentración ás portas da unidade de traballo social de Teis/Travesía (Dr. Corbal 21). Desde hai máis de dous meses esta oficina pecha xoves e venres por falta de persoal.
Mentres o alcalde fala de Nadal -en novembro- as veciñas de Teis e Travesía teñen a oficina de servizos sociais da zona “pechada, ata novo aviso, todos os XOVES e VENRES”.
José Luis Escrivá -ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións- aproveitando o Día Internacional para a Erradicación da pobreza anunciaba a posta en marcha do autobús do Ingreso Mínimo Vital (IMV) que vai percorrer diferentes puntos do estado para informar e axudar na tramitación desta