O venres 3 de marzo ás 11h00 a A.VV. de Teis, Os ninguéns e a ODS-Coia convocamos unha nova concentración nas portas da UTS Teis/Travesía en Dr. Corbal 21. Catro meses de oficina pechada os xoves e venres, problema ao que hai que engadir os problemas derivados do escaso persoal e sobre todo do escaso interese que ten o concello por facer dos servizos sociais a verdadeira porta de entrada a dereitos básicos.
Facemos unha chamada a participar neste acto e sobre todo a organizarse e loitar polo dereito a unha vida digna.