En Baladre e Zambra levamos décadas cunha teima. Parir libros, textos que sirvan como ferramentas colectivas para a transformación social. Hai tempo que perdemos a conta do número de libros editados nestas décadas de coordinación. Pasan os anos e seguimos saíndo lbros do prelo.
Dende a Asemblea por un Vigo +Social convidan a participar no faladoiro: “Servizos Sociais en Vigo, experiencias e propostas”. Será o venres 11 de xaneiro ás 18:00 na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa 2, Vigo).
Dámoslle pulo á convocatoria da Asemblea por un Vigo +Social e CAÍN (Colectivo de Admiradores da Iluminación de Nadal) que organizan un un roteiro "turístico" baixo o lema: Vigo de luces e sombras.
Coincidindo coa conmemoración do Día Internacional dos Dereitos Humanos, e ante a vindeira aprobación definitiva pola Xunta de Galicia do decreto da RISGA, organizacións sociais e políticas de Galicia convocamos roldas de prensa informativas simultáneas en tres cidades para presentar a campaña "F
Cantas veces temos escoitado que “as persoas que cobran axudas viven moi ben e que por iso non queren traballar”. Do mesmo xeito, canta veces teñen dito cargos políticos de diferente cor que “a mellor política social é o emprego”.
Coincidindo coa conmemoración do Día Internacional dos Dereitos Humanos e ante a próxima aprobación definitiva, pola Xunta de Galicia do decreto da RISGA organizacións sociais e políticas de Galicia convocamos roldas de prensa informativas simultáneas en tres cidades para presentar a camp
Esta mañá ao redor dun cento de persoas acudiron a rolda de prensa convocada pola Asemblea por un Vigo +Social coa que presentaban a campaña #AlumeandoAMiseria.
Xuntamos o comunicado da campaña presentado esta mañá en Vigo:
A Asemblea por un Vigo +Social critica o elevado gasto previsto un ano máis para o alumeado de Nadal, mentres seguen sen atenderse as necesidades reais da cidadanía viguesa.
O vindeiro sábado 24 de novembro imos até a Lugo grazas ao convite da xente Lugo sen Mordazas. Baixo o título "Tecendo comunidade: alternativas e loita social fronte á represión e privatización" organizan un ciclo de actividades.
Seguimos coas xuntanzas para organizar unha campaña a propósito do desemesurado gasto do alumeado de Nadal en Vigo. Lembramos que xa están comprometidos máis de 4 millóns até 2021 en alumeado e ornamentación navideña.