Seguimos coas xuntanzas para organizar unha campaña a propósito do desemesurado gasto do alumeado de Nadal en Vigo. Lembramos que xa están comprometidos máis de 4 millóns até 2021 en alumeado e ornamentación navideña. Insulto para todas aquelas veciñas que padecemos as desastrosas políticas miserentas deste goberno.
Ante este modelo de cidade polo que pulan os poderes, algunhas procuramos organizarnos para dende abaixo buscar alternativas de vida. Deste xeito continuamos coas xuntanzas, esta semana será o mércores 7 de novembro ás 19:00 nos locais da parroquia do "Cristo da Vitoria" (rúa Baiona 9, Coia - Vigo).