Esta mañá ao redor dun cento de persoas acudiron a rolda de prensa convocada pola Asemblea por un Vigo +Social coa que presentaban a campaña #AlumeandoAMiseria.
Xuntamos o comunicado da campaña presentado esta mañá en Vigo:
A Asemblea por un Vigo +Social critica o elevado gasto previsto un ano máis para o alumeado de Nadal, mentres seguen sen atenderse as necesidades reais da cidadanía viguesa.
Seguimos coas xuntanzas para organizar unha campaña a propósito do desemesurado gasto do alumeado de Nadal en Vigo. Lembramos que xa están comprometidos máis de 4 millóns até 2021 en alumeado e ornamentación navideña.
Tras a boa acollida da xuntanza do pasado martes 16 de outubro, volvemos a convocar un novo encontro. Será o mércores 24 de outubro ás 19:00 nos locais da parroquia do "Cristo da Vitoria" (rúa Baiona 9, Coia - Vigo).
Hai un ano denunciabamos no texto “Luces (de Nadal) e sombras (de miseria)” que mentres moitas veciñas malvivían sen recursos suficientes para cubrir necesidades básicas, o goberno municipal dilapidaba centos de mile
Na escuridade non somos quen de ver, ou cando menos de facelo con claridade. Ocorre o mesmo cando hai exceso de luz. Dous fenómenos opostos que producen o mesmo: incapacidade ou dificultade para ver.