A Asemblea por un Vigo +Social critica o elevado gasto previsto un ano máis para o alumeado de Nadal, mentres seguen sen atenderse as necesidades reais da cidadanía viguesa.
O pasado luns 8 de outubro Caballero daba unha rolda de prensa no concello, o medio do réxime, o Faro de Vigo, daba cobertura con este titular: “El cheque social bate todos los récords y el C
Hai un ano denunciabamos no texto “Luces (de Nadal) e sombras (de miseria)” que mentres moitas veciñas malvivían sen recursos suficientes para cubrir necesidades básicas, o goberno municipal dilapidaba centos de mile
Achegamos un novo exemplo da noxenta política social da Xunta. Hai unhas semanas unha veciña de Teis, recibía unha carta na que a Consellería de Política Social notificáballe que ficaba sen RISGA, é dicir, sen 399’38 € que supuñan os seus únicos ingresos mensuais.
Non somos criminais, dereitos sociais! Isto berrabamos hoxe diante da casa do concello de Nigrán, onde se atopan as dependencias dos servizos sociais desta localidade. Até alí fomos para nos concentrar baixo o lema: Contra a criminalización da pobreza!
A ODS-Coia e o G.A.S. convocamos o mércores 28 de setembro unha concentración baixo o lema: Contra a criminalización da pobreza. Será en Nigrán, diante do concello na praza da Constitución a partires das 11h00.
Achegamos a convocatoria da Asemblea Aberta de Coia que convoca o XOVES 22 de xaneiro ás 18:00 unha CONCENTRACIÓN na ROTONDA de COIA baixo o lema: “NIN ESMOLA AS
A guía de axudas sociais foi elaborada pola xente da ODS de Coia para que as persoas que o precisan poidan manexarse co muro de burocracia e recortes que as administracións opoñen á xente de todo tipo. Xente que nestes momentos necesita solicitar esas axudas públicas, axudas que son dereitos que todas temos e que ás veces parece que os gobernantes nolas presentan como caridade.