privatización

A onda privatizadora dos servizos sociais leva anos con ritmo acelerado. Na Galiza e Vigo non somos alleos a esta realidade.

Onte o goberno municipal aprobaba os orzamentos da cidade para 2016 grazas á maioría do PSOE. Falan os seus medios dunha morea de cartos para Políticas Sociais, dos orzamentos máis sociais do “universo”.

Hai unhas semanas solicitamos por escrito datos do número de cortes de auga realizados no Concello de Vigo nos últimos anos. A resposta, tanto de Aqualia como do Concello, é o silencio. En detalle, a petición foi ter acceso público aos seguintes datos:

- Número de cortes de subministro de auga en 2014 e 2013.

- Número de avisos de corte de subministro de auga en 2014 e 2013.

Dita petición fíxose por escrito nas dependencias que Aqualia, empresa concesionaria que pertence ao grupo FCC (segundo sinalan na súa web, a terceira compañía en xestión da auga no mundo).

Hai unhas semanas, chegounos unha consulta a través do mail da ODS. Dicía así:

No blog de denuncia e crítica social: Colectivo No a O´Belen, dedicado a defensa dos dereitos dos menores (especialmente dos que viven tutelados ou presos) e a loita contra a Fundación Internacional O´Belen e demais empresas beneficiarias da privatización dos servizos sociais.

Atopamos un artigo moi interesante que leva por título: "A realidade dos servizos sociais":

Las diferencias sociales que genera el sistema económico imperante conllevan situaciones en las que sectores importantes de la población necesitan de la solidaridad del resto. Estas situaciones no han pasado desapercibidas para el conjunto de la sociedad. De esta forma, a lo largo del siglo XX fue surgiendo el concepto de “servicios sociales” tal como lo entendemos hoy día.