dereitos

A Renda Básica das iguais

Dende a ODS-Coia asumimos a defensa e a mellora da proposta da Renda Básica das Iguais (RBis), tarefa na que non faltan os apoios de moitos grupos e colectivos.

Definimos a RBis como o dereito que ten cada cidadán e cada cidadá, polo feito de nacer, a percibir unha cantidade periódica para cubrir as súas necesidades materiais.

Non obstante, para convertela en algo máis que unha declaración de principios, á definición engadímoslle unhas características, estruturais e de opción política, que a converten nun instrumento de acción política e social, así como nun mecanismo que garante a redistribución da renda. Estas características especifican que a RBis ha de ser individual (non familiar); universal (non contributiva e para todos); incondicional (independente do nivel de ingresos e do mercado de traballo); a contía ha de ser polo menos igual ao albor de pobreza e recibir cada persoa a mesma cantidade; unha parte da RBis percibirase en man e a outra en forma de bens de uso colectivo; a maioría das prestacións sociais actuais suxeitas a control e gasto burocrático quedarán refundidas na RBis; e como instrumento de loita contra o capitalismo, esperamos que se converta nun patrimonio dos movementos anticapitalistas.

+info:

http://rentabasicadelasiguales.coordinacionbaladre.org

http://rbis.coordinacionbaladre.org

http://www.rentabasica.net

Vídeos: Ya es la hora de la Renta Básica de las iguales > https://vimeo.com/413592535

Es la hora de la Renta Básica de las Iguales > https://vimeo.com/424466164

Que é a ODS - COIA?

Pensamos que coas respostas a estas dúas preguntas pode quedar máis ou menos claro que é a ODS-Coia.

- Como e cando nace a Oficina de Dereitos Sociais de Coia (ODS-Coia)?

Este espazo comeza a súa andaina a finais de 2007, cando o despacho da traballadora social que viña funcionando na parroquia do Cristo da Vitoria de Coia pasa a transformarse nun punto de información sobre dereitos sociais.

Tras esta mudanza estaban as vivencias e reflexións que ían xurdindo dos anos de loitas veciñais, de vida comunitaria, de contacto coa dor provocada polos diferentes poderes, de relacións con grupos/persoas opostos ao capitalismo…

A nosa referencia nos comezos foi o traballo da xente de Berri-Otxoak, primeiro punto no Estado español e, por suposto de Baladre, coordinación de loitas contra o paro, o empobrecemento e a exclusión social. Na nosa cidade as compañeiras do Grupo de Axitación Social (G.A.S.) e o apoio da comunidade do Cristo da Vitoria foron claves para chegarmos a este momento de tanta actividade compartida.

- Que facemos?

Tentamos ofrecer información alternativa sobre axudas sociais, denunciar e visualizar a dor inflixida e artellar loitas/resistencias dende abaixo por medio do apoio mutuo.

Para isto, estamos as tardes dos luns nos locais da parroquia en Coia para intercambiar información coas persoas que se achegan, nunha lóxica que procura sermos máis fortes á hora de defender as nosas vidas e uns dereitos acosadísimos. Neste curso temos tamén un espazo de asesoría xurídica.

Este traballo con outros: campañas de denuncia, participación en charlas, presenza na rede… foi no que estivemos ata máis ou menos finais de 2012. A partires desa data a ODS-Coia comeza a diluírse nunha dinámica asemblearia que dende o barrio está loitar polos dereitos sociais de todas, coa renda básica das iguais coma un das súas bandeiras máis recoñecibles.

Varios colectivos da Galiza lanzamos a campaña "Normalizar dereitos" que ao longo de varias semanas pretende sensibilizar e denunciar a situación que padecen persoas migradas, refuxiadas e racializadas.

O Foro Galego de Inmigración no marco da conmemoración do Día Internacional dos Dereitos Humanos (10 de decembro) e da celebración da VII Semana de Loita contra as Fronteiras (10 ao 14 de decembro) con diferentes actos e actividades en varias cidades de Galiza, presentou diante da sociedade este

Levamos tempo berrando que estamos fartas da miseria das políticas sociais da Xunta de Galicia, que cada vez pon máis atrancos ás solicitantes e perceptoras da RISGA. Un exemplo do seu desinterese é que seguimos sen decreto que desenvolva a lei actual pasados máis de tres anos.

Volvemos ás dependencias de Aqualia na rúa Venezuela, hoxe acompañados dunha forte chuvascada. Guiños do tempo.

Varias ducias de persoas xuntámonos esta maña baixo o lema: Auga para todas!

O pasado 30 de marzo solicitamos unha entrevista con David Regades, concelleiro de Fomento, Limpeza e Contratación. Esta concellería é a responsable do servizo municipal de augas en Vigo que xestiona Aqualia, empresa do grupo FCC.

Estamos cansas e fartas da súa propaganda e das súas promesas, que soan coma risas burlonas en medio da miseria na que nos obriga

A xente da ODS-Coia e da parroquia do Cristo da Victoria convocamos un acto de entrega colectiva para o vi

O venres 21 de xuño Bea fará un mes que comezou unha folga de fame ante a desprotección na que a deixaron as administracións. Por esta razón convaca unha concentración ás 20h30 na praza da Constitución.

Lembramos que Bea enferma de cancro só percibe 426€/mes e malia a súa delicada situación de saúde comezou con esta folga de fame en denuncia da vulneración de dereitos que sofre ela e moitas máis persoas.

Acudide Bea agarda a nosa presenza!

Tedes máis información sobre a situación de Bea nesta web: https://sites.google.com/site/lavidanosigueigual/ e no facebook: https://www.facebook.com/lavidanosigue.igual

A ODS-Coia e a Parroquia Cristo da Victoria, xunto á xente do G.A.S., convocamos para  vindeiro luns 6 de maio un acto de rúa ás portas dos servizos sociais do Concello en Coia (rúa Quintela, 31, á altura da Avenida Castelao, 25) co obxectivo de denunciar o crecente empobrecemento que sufrimos inxustamente unha gran parte da cidadanía e esixir ás institucións públicas, neste caso Concello e Xunta, que cumpran coa súa obriga de garantir o dereito de todas as persoas a unha vida digna.

Non podemos calar ante unha realidade terrible que cada vez é máis común: mentres moitas familias nos vemos na obriga de afrontar o día a día cuns mínimos ingresos ou mesmo sen eles, resultando imposible facer fronte ao pago de bens tan básicos como os alimentos, o aluguer, os recibos de auga e luz...