dereitos

A semana que ven imos celebrar na data do 8 de marzo o día internacional das mulleres, a Marcha Mundial das Mulleres de Galiza co motivo deste día lanzou unha campaña que leva por título: "Mulleres galegas en loita polos nosos dereitos!".

Así nolo presentan na web: "Despóis da posta en marcha da campaña polo 8 de Marzo 'Mulleres galegas en loita polos nosos dereitos' están en marcha as actividades/actos locais cos que as feministas galegas preparamos este ano a reivindicación no noso día internacional. Convocatorias de charlas, accións de rúa, mobilizacións, encontros de mulleres, debates e todo tipo de espazos comúns teñen lugar estes días nos que, xuntas, camiñamos cara o 8 de Marzo.

Estes actos teñen lugar baixo un lema común e un manifesto conxunto elaborado coas exixencias ante a situación que estamos a vivir."

As compas do Parke seguen a loitar en defensa dos seus dereitos, loita que serve de guía para moitas outras iniciadas en tantos territorios. O tempo segue a pasar sen que as administracións dean respostas, por iso este xoves 2 de febreiro se cumprirán 42 de folga indefinida e 88 días de estancia indefinida en Valencia na campaña SOS Parke.

Dende aquí amosamos todo o noso cariño e apoio a esta loita. Se queredes saber algo máis deste pulso e por se vos cadra por terras valenciás aquí tedes máis información: coordinacionbaladre.org/modules.php?name=News&file=article&sid=2376

A semana pasada os medios de comunicación da cidade publicaban varias novas sobre a situación na que se atopan a familia de Casiano e Isabel.

O seu caso retrata os problemas de moitas de nós: dificultades para chegar a fin de mes, problemas de vivenda, falta de traballo, etc. Ante isto a resposta das distintas administracións é nula.

Cansos de aguantar esta situación achegáronse á ODS-Coia. Alí en común decidimos que o mínimo que podiamos facer era contar esta situación e usala para reclamar que a falta de dereitos e a indefensión ante o sistema capitalista non son anecdóticas. Por iso a varias mans construímos un texto dirixido ao Defensor del Pueblo, Valedor do Pobo e Defensor do Cidadán e que tamén achegamos aos medios, no que a maiores de contar a súa realidade esixían que se tomaran medidas.

Seguiremos na loita polos dereitos sociais de todas!

Segue a loita da xente do Parke e continúan os compañeiros en folga de fame. Dentro das accións fixeron este folleto que deixamos para que difundades.

¿Quienes somos el Parke Alkosa?

El Parke Alkosa es conocido por la lucha de sus vecinos y vecinas, en Alfafar, Valencia, que organizados en la Koordinadora de Kolectivos del Parke se han convertido en un referente estatal en cuanto a la creación de alternativas sociales, económicas y culturales. Estas luchas cuajaron a principios de los años noventa en el potente proyecto comunitario llamado  Nosotr@s mism@s que, fundamentadas en valores como el apoyo mutuo y la participación ciudadana, ha creado una red de cooperativas con programas y actuaciones sociales ejemplares como el Centro de Inserción Sociolaboral Massanassa II, el Centro de Niñas y Niñas, la Cooperativa de Iniciativas Laborales o el Centro de Información Juvenil.

Dende hai varias semanas as xentes do Parke andan nas rúas esixindo que se lles paguen os cartos que se lles deben dende as administracións e dando, sobre todo, exemplo de dignidade.

En Baladre se está a apoiar estas mobilizacións e por iso deixamos na web esta carta que resume a situación que están a vivir:

Queridos amigos, os escribimos a petición de nuestros compañero/as del Parque Alcosa en Valencia para informaros de los graves hechos y atentados contra los derechos sociales que allí están sufriendo con motivo de los recortes por la crisis.

El Parque es un pueblo en forma de barrio dormitorio situado a ocho Km. al sur de la ciudad de Valencia, perteneciente al municipio de Alfafar. Con unas cifras de desempleo desde finales de los 70 de más del 30% llegando a casi el 40% en la actualidad. Mas del 70% viviendo por debajo del umbral de la pobreza.

Este titular aparecía onte no Faro de Vigo: "El Concello acepta reformar el edificio de As Avenidas "tomado" por indigentes" e a semana anterior no mesmo xornal este outro: "Continúa la indigencia en Montero Ríos pese al albergue".

Lendo estas dúas desinformacións/deformacións non atopamos escrito por ningures que varias persoas malia existir o dispositivo de frío teñen que quedar nas rúas –segundo o xornal as prazas non se cobren- xa que hai uns días máximos de estancia continuada.

Máis claro aínda, nun recurso que se abre para que nos meses máis fríos do ano ninguén quede obrigatoriamente na rúa poñen como norma que a partir de tantos días seguidos acudindo non podes usalo.

Hai un tempo Esther, avogada compañeira da ODS-Coia, elaborou unha pequena guía sobre como actuar ante as actuacións policiais.

As compañeiras de G.A.S. inician o curso 2011/12 estreando unha nova publicación que leva por título Fractura. Así contan as súas intencións con esta nova proposta:

A “crise” actual (ao igual que aconteceu nas pasadas) é a gran escusa para afondar nas condicións de explotación nas que vivimos.

Rematamos o curso 2010/2011 coa imposición duns recortes en dereitos sociais e laborais que nos fixo retroceder lustros nas nosas condicións de vida.

Pero a maquinaria de “axuste” está moi lonxe de deterse. Polo tanto, consideramos imprescindible facer balance da situación na que nos atopamos, analizar o futuro que se nos pretende construír e tomar posición ao respecto.

A ODS-Coia xunto a xente do GAS (Grupo de Axitación Social) lanzamos unha campaña que leva por título: "Na defensa dos nosos dereitos, na defensa das nosas vidas":

Malia que os gobernos quérennos convencer repetindo deseguido que a situación económica non se está a traducir en recortes nos servizos públicos nin na coberturas sociais, a realidade que vivimos a maioría de nós deixa exemplos diarios desta perda de dereitos básicos a favor dunha minoría enriquecida que continúa sumando beneficios e mantendo os seus privilexios. Dentro da lóxica dos mercados, semella que poñer en perigo esta xenerosa marxe de beneficios sería moito máis desastroso que calquera tipo de recorte social.

As compañeiras de Alambique publican no seu blog a valoración do primeiro semestre de 2011 que fan da  oficina de información sobre dereitos sociais "La Espiral". Dito documento é moi recomendable xa que da pé a moitas reflexións e interpretacións.

Realidades invisibles.

Hace cuatro años que comenzó la ya famosa “crisis sistémica” y cada mes que pasa sus consecuencias sociales están más presentes.

En el último semestre, desde la Oficina de información y denuncia “La Espiral” de la Asociación Alambique, hemos facilitado información y acompañado a  más personas en situación de precariedad y exclusión. El aumento ha sido de casi un 50% respecto al mismo periodo del año anterior.

Estamos fartas da pobreza, da desigualdade, dos ERE's, das reformas laborais, dos recortes sociais, das hipotecas, das subidas de prezos, da pre

A ODS-Coia xunto a xente do GAS (Grupo de Axitación Social) lanzamos unha campaña que leva por título: "Fronte a crise máis dereitos sociais e para todas":

Hai tempo que vimos sufrindo e denunciando as miserias que pasamos para ter uns ingresos mínimos en medio da riqueza duns poucos. No Estado Español a política de rendas mínimas, que regula as prestacións coñecidas aquí como RISGA, está en mans das comunidade autónomas pero iso non debe servir de escusa para xustificar as enormes diferenzas entre territorios.