As compañeiras de G.A.S. inician o curso 2011/12 estreando unha nova publicación que leva por título Fractura. Así contan as súas intencións con esta nova proposta:
A “crise” actual (ao igual que aconteceu nas pasadas) é a gran escusa para afondar nas condicións de explotación nas que vivimos.
Rematamos o curso 2010/2011 coa imposición duns recortes en dereitos sociais e laborais que nos fixo retroceder lustros nas nosas condicións de vida.
Pero a maquinaria de “axuste” está moi lonxe de deterse. Polo tanto, consideramos imprescindible facer balance da situación na que nos atopamos, analizar o futuro que se nos pretende construír e tomar posición ao respecto.
Con esta publicación pretendemos contribuír a este proceso de reflexión.
Neste primeiro número, centrámonos nas últimas reformas relacionadas co ámbito laboral, recollendo unha pequena escolma dos aspectos máis destacados das mesmas.
Podedes descargar o arquivo pinchando aquí.