G.A.S

Este novo ano 2015 trae á xente de Vigo a Guía de Axudas Sociais. Información ao servizo das persoas! Unha nova ferramenta para axudarnos a afrontar esta vida de crises e privacións que afecta todos os ámbitos das nosas vidas.

A guía de axudas sociais foi elaborada pola xente da ODS de Coia para que as persoas que o precisan poidan manexarse co muro de burocracia e recortes que as administracións opoñen á xente de todo tipo. Xente que nestes momentos necesita solicitar esas axudas públicas, axudas que son dereitos que todas temos e que ás veces parece que os gobernantes nolas presentan como caridade.

Un gran número de persoas, que chegou en varios momentos da xornada ao centenar, levamos a cabo o sábado 15 un peche de 12 horas nos baixos da parroquia Cristo da Victoria cun dobre obxectivo: compartir unha xornada de convivencia e reflexión, e denunciar publicamente unha vez máis a situación de indefensión na que nos atopamos a cidadanía pola falta de solucións das administracións públicas ante o crecente empobrecemento do que somos vítimas.

Convocadas pola Oficina de Dereitos Sociais-Coia, a Parroquia Cristo da Victoria, a Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH), o Grupo de Axitación Social (GAS) e o Colectivo Imán, pechámonos, dende as loitas cotiás e comúns destes colectivos, porque nos pechan todas as portas; pechámonos, aínda que pareza paradoxo, para que os responsables políticos e a sociedade toda nos vexan e nos escoiten;

Aquí vai o programa do #peche 12 horas nos baixos da parroquia Cristo da Victoria (rúa Baiona 9, Coia) o sábado 15 de febreiro:

10:00 - Benvida e decoración

11:00 a 12:30 - Obradoiro axudas sociais. A información para esixir os nosos dereitos é fundamental. Coñece a nova RISGA, as axudas de emerxencia municipais...

11:00 a 13:00 - Actividades para nenxs

12:30 a 13:00 - Descanso

13:00 a 14:00 - Charla: O conflito do programa Sereos. As compañeiras do grupo Imán porán en común os meses de loitas tras o peche do programa Sereos situado na rúa Elduayen.

14:00 a 16:30 - Xantar comunitario. Traede comida para compartir.

A Oficina de Dereitos Sociais-Coia, a Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH), o Grupo de Axitación Social (GAS), o Colecti

Achegamos esta interesante convocatoria das compas de GAS e de Lapus distribuidora:

Presentación o venres 27 de decembro ás 20:00, na Cova dos Ratos (r/Romil 3 Vigo).

Do libro  "Por qué No nos Dejan Hacer en la Calle?" do Grupo de Estudios Antropolóxicos "La Corrala" de Granada. Sobre as prácticas de control social e privatización dos espazos na cidade capitalista.

Contaremos coa presenza de Juan Rodríguez Medela coautor do texto.

"Democracia, ciudadanía y espacio público son conceptos que en el discurso político habitualmente se entrecruzan y sustentan la apropiación por parte de los municipios, de normativas que pretenden fomentar y garantizar la convivencia ciudadana en el espacio público. Ordenanzas municipales que traen consigo dinámicas que lejos están de contribuir al objetivo que dicen perseguir, como la progresiva privatización del espacio público y el control social de la población.

A Oficina de Dereitos Sociais-Coia, a Parroquia Cristo da Victoria, GAS (Grupo de Axitación Social) e o grupo IMÁN queremos convidarvos a que vos acheguedes pola mesa informativa que o xoves 13 de xuño ás portas de CEDRO (rúa Pintor Colmeiro 9).

O acto se desenvolverá entre as 10:30 e as 12:00 horas cunha mesa informativa sobre a campaña “Vivir dignamente é un dereito”, coa que pretendemos denunciar a dramática realidade que están a padecer moitas familias de Coia e da cidade a través da presentación masiva dun escrito exercendo o dereito de petición perante a Xunta e o Concello; escrito onde o asinante expón as súas circunstancias económicas e sociais e solicita unha Renda Básica que permita satisfacer con dignidade as súas necesidades básicas.

Convocadas pola parroquia do Cristo da Victoria de Coia, a ODS-Coia (Oficina de Dereitos Sociais -Coia) e as xentes do G.A.S. (Grupo de Axitación Social) máis dun cento de persoas concentrámonos diante do Concello de Vigo para pedir respostas polas “vítimas do sistema, as vítimas das administracións, as vítimas da inxustiza”.

Na entrada da casa de todas as viguesas apareceu un cemiterio cheo das vítimas que sofren ante a falta de recursos, ante o medo aos cortes de luz ou auga por non poderes asumir o pagamento dos recibos, ante os atrasos das axudas sociais, ante os desafiuzamentos...

Deste xeito, a praza do Rei encheuse de siluetas que nos lembraban estas mortes. Pero tamén lembraban que os poderes, hoxe apuntabamos ao concello, esquécense destas vítimas negándolle a unha maioría crecente os dereitos sociais necesarios para vivir con dignidade.

Seguindo o camiño iniciado coa cadea humana celebrada en Coia, volvemos a saír á rúa. Da man da parroquia do Cristo da Victoria - Coia e da xente do G.A.S. convocamos un acto de rúa diante do concello de Vigo baixo o lema "VÍTIMAS DO SISTEMA,VÍTIMAS DAS ADMINISTRACIÓNS, VÍTIMAS DA INXUSTIZA. Polo dereito a unha vida digna, polo dereito á nosa humanidade".

No acto representaremos un cemiterio coas vítimas que os diferentes poderes van deixando. O acto será o mércores 19 de decembro a partires das 12h00 na praza do Rei (diante do concello de Vigo). No acto daremos lectura a este texto:

Reunímonos hoxe aquí, ante o Concello de Vigo, a casa de toda a veciñanza da nosa cidade, para lembrar ás vítimas desta crise e denunciar que non se está a apoiar, a acoller, a coidar, a aquelas persoas que peor o están a pasar nestes duros tempos que estamos a vivir.

As xentes de GAS e da ODS-Coia levamos tempo fartas e cansas de ser invisibles por iso ímonos mostrar!:

Son tempos de expansión do capital que necesita máis espazo para facer medrar as súas ganancias, e nese movemento estase a levar por diante dereitos, espazos públicos, empregos, natureza, vidas...

En Coia, coma noutros tantos barrios e lugares, estamos a vivir os problemas da perda/retroceso de dereitos sociais os cales traen multitude de atrancos e miserias cotiáns: a imposibilidade de chegar a fin de mes, de pagar os recibos da luz, de pagar a vivenda, de atopar traballo, de acceder a coidados básicos, de descansar... en definitiva de vivir cun mínimo de DIGNIDADE.

Seguen os problemas económicos para a maioría e mecanismos coma a RISGA en Galiza non están a funcionar deixando a persoas e familias na miseria por iso lanzamos esta campaña que leva por título "Sen dereitos, sen traballo, sen cartos... pero con DIGNIDADE":

Chegou o medo e con el unha marea de recortes que están a facer as nosas vidas, se cabe, moito máis difíciles. Unhas vidas que non chegaron a coñecer o estado do benestar e para as que paro, pobreza, precariedade, exclusión... levan sendo compañeiras dende sempre. Malia o costume, estes momentos están marcados pola rapidez na perda de dereitos, unha velocidade que responde ás présas do capital por eliminar toda carga para os seus movementos.

As compas de G.A.S. sacan á rúa Fractura nº1 sobre o transporte urbano en Vigo.

O ano 2012 comezou no concello de Vigo cunha suba do 4.27% no prezo do Vitrasa (ademais do 3,8% en taxas e impostos), que nos sitúa como un dos municipios co transporte urbano máis caro.

As/os usuarias/os de Vitrasa temos que pagar 1,22 euros cada vez que empregamos o servizo; 0,84 coa tarxeta verde. Pero a viaxe sáenos en realidade aínda máis cara, posto que o prezo real é de 1,25 euros.

A diferenza entre este valor e o prezo bonificado, dámoslla a Vitrasa a través do Concello de Vigo. Máis de nove millóns de euros ao ano. Xusto a cantidade na que parece ser que se reducirán as partidas sociais no orzamento de 20122.

A ODS-Coia e o G.A.S. sacamos unha tirada de cartaces que levan por título "SE VENDE(N)" e co seguint texto:

- Alcalde de Vigo que cobra ao 65.000€/ano máis extras.

- Presidente da Xunta que cobra 72.000€ anuais e declarou ter un patrimonio de medio millón de euros.

(Falamos do que recoñecen claro, do que se levan en negro nunca saberemos nada...)

A OFERTA está dirixida para beneficio: das especuladoras urbanísticas, das empresas turísticas, das grandes multinacionais, de calquera empresa que se beneficie das privatizacións dos servizos públicos, das construtoras (“amigas”dos AVEs, das Humanizacións, dos Auditorios, das Cidades de Xustiza e dos pelotazos en xeral) e especialmente para a Banca sempre e en todo momento!