actividades

Aquí vai o programa do #peche 12 horas nos baixos da parroquia Cristo da Victoria (rúa Baiona 9, Coia) o sábado 15 de febreiro:

10:00 - Benvida e decoración

11:00 a 12:30 - Obradoiro axudas sociais. A información para esixir os nosos dereitos é fundamental. Coñece a nova RISGA, as axudas de emerxencia municipais...

11:00 a 13:00 - Actividades para nenxs

12:30 a 13:00 - Descanso

13:00 a 14:00 - Charla: O conflito do programa Sereos. As compañeiras do grupo Imán porán en común os meses de loitas tras o peche do programa Sereos situado na rúa Elduayen.

14:00 a 16:30 - Xantar comunitario. Traede comida para compartir.

Verdegaia, GAS e a ODS-Coia organizan unha tertulia baixo o título "Renda Básica das Iguais" que estará dinamizada por Manolo, membro de Baladre.

O Servizo de Información de Dereitos Sociais da nosa comunidade e o Grupo de Axitación Social (GAS) convocan unha charla-presentación co títu