VITRASA

José Luis Escrivá -ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións- aproveitando o Día Internacional para a Erradicación da pobreza anunciaba a posta en marcha do autobús do Ingreso Mínimo Vital (IMV) que vai percorrer diferentes puntos do estado para informar e axudar na tramitación desta

Levamos seis meses de Ingreso Mínimo Vital (IMV) e o Concello de Vigo aínda non foi quen de garantir que as beneficiarias desta renda accedan á tarxeta social de VITRASA. Ordenanzas e contratos sempre son difíciles de modificar cando as mudanzas supoñen novos dereitos para a veciñanza.

As compas de G.A.S. sacan á rúa Fractura nº1 sobre o transporte urbano en Vigo.

O ano 2012 comezou no concello de Vigo cunha suba do 4.27% no prezo do Vitrasa (ademais do 3,8% en taxas e impostos), que nos sitúa como un dos municipios co transporte urbano máis caro.

As/os usuarias/os de Vitrasa temos que pagar 1,22 euros cada vez que empregamos o servizo; 0,84 coa tarxeta verde. Pero a viaxe sáenos en realidade aínda máis cara, posto que o prezo real é de 1,25 euros.

A diferenza entre este valor e o prezo bonificado, dámoslla a Vitrasa a través do Concello de Vigo. Máis de nove millóns de euros ao ano. Xusto a cantidade na que parece ser que se reducirán as partidas sociais no orzamento de 20122.