Achegamos a nota de prensa ante a resposta negativa do concello (pinchando aquí) á petición dunha Renda Básica para vivir dignamente:
A Oficina de Dereitos Sociais de Coia e a Parroquia do Cristo da Victoria, dentro da campaña “VIVIR DIGNAMENTE É UN DEREITO” fixemos, o 27 de xuño deste ano, un acto de entrega masiva e pública de 92 Follas de Denuncia Social onde se solicitaba ao Concello de Vigo e á Xunta de Galicia o recoñecemento e concesión dunha renda básica de 863 €/mes, que permitise a todas as persoas cubrir as súas necesidades básicas e vivir con dignidade.
O instrumento xurídico utilizado para tal fin foi o dereito de petición, dereito constitucionalmente recoñecido e que permite á cidadanía realizar solicitudes formais sobre calquera materia competencia das administracións públicas.