Desde a ODS-Coia e a parroquia do Cristo da Victoria queremos vos convidar a unha concentración e ao posterior acto de entrega colectiva dos recursos cos que respondemos á inadmisión da petición dunha renda básica para garantizar o dereito a vivir dignamente. O acto será o venres 20 de setembro a partires das 11h30 no edificio administrativo que a Xunta de Galicia ten en Vigo na rúa Concepcion Areal 8.
O 22 de agosto a Consellería de Traballo e Benestar respondía ao centenar de escritos presentados, exercendo o dereito de petición, esixindo unha renda básica coa que cubrir as necesidades vitais de todas as persoas.
A resposta da Xunta de Galicia pode resumirse nunha palabra: "INADMITIDAS".
Amosan así a súa falla de sensibilidade e o seu desprezo ante un problema social que cada día afecta a máis persoas privadas dos mínimos para a vida. Por iso volvemos á Xunta para manifestar que nós "inadmitimos" a súa irresponsabilidade a través da entrega dun recurso replicando a súa resposta.
Tedes a resposta da Xunta, aquí: odscoia.arkipelagos.net/sites/odscoia.arkipelagos.net/files/inadmision_xunta.pdf,e o recurso que imos presentar neste enlace: odscoia.arkipelagos.net/sites/odscoia.arkipelagos.net/files/reposicion_xunta_final.odt
Este martes 17 de setembro a partires das 17h00 quedamos nos baixos da parroquia do Cristo da Victoria en Coia para preparar o acto.