Volvemos a enredar da man da Guía de Axudas Sociais. Grazas ao convite da xente da asociación de veciños “O Torreiro de Coia” o xoves 18 de maio falaremos sobre dereitos sociais coa escusa da presentación da Guía de Axudas Sociais.
Unha das consecuencias históricas do patriarcado, consistiu en someter á muller e relegala ao ámbito doméstico coma nai e esposa, adicada aos coidados, sen recursos económicos propios e por tanto, dependente economicamente do home.
Boa Vida en colaboración coa Oficina de Dereitos Sociais de Coia (Vigo) organizamos unha charla para dar a coñecer a GUÍA DE AXUDAS SOCIAIS. Será o mércores 16 de decembro ás 20:00 no salón de actos da EPA de Pontevedra (Escola de Adultos) na Avda. de Buenos Aires, 22-23.
Un ano máis as xentes da ODS-Coia, Grupo de Axitación Social (GAS) e Baladre xuntamos forzas para reivindicar o dereito a vivir dignamente nunha semana de actividades por diferentes cida
A guía de axudas sociais foi elaborada pola xente da ODS de Coia para que as persoas que o precisan poidan manexarse co muro de burocracia e recortes que as administracións opoñen á xente de todo tipo. Xente que nestes momentos necesita solicitar esas axudas públicas, axudas que son dereitos que todas temos e que ás veces parece que os gobernantes nolas presentan como caridade.