presentación

No mes de decembro teremos pola Galiza a Víctor Hernández, o noso “Mapu”. Estará de xira por varias vilas galegas para presentar “Las luchas del pueblo Mapuche. Repensar el sur”.

O mércores 20 de outubro ás 20h00 no café Uf Negra Sombra o Foro Galego de Inmigración convídanos a escoitar a Eduardo Romero que vén presentar: "La nueva normalidad" (Cambalache, 2021) e

Temos o gustazo de organizar en Coia a presentación do libro "MANI-FIESTA-TÉ", escrito por Say Lindell e ilustrado por Lucía Calvo.

Convidamos a participar na presentación do libro "Vidas Culpáveis, o controlo neoliberal do crime" que se vai celebrar o venres 3 de novembro a partires das 20:30 na Cova dos Ratos. No acto contaremos coa presenza do seu autor Borxa Colmenero.

Volvemos a enredar da man da Guía de Axudas Sociais. Grazas ao convite da xente da asociación de veciños “O Torreiro de Coia” o xoves 18 de maio falaremos sobre dereitos sociais coa escusa da presentación da Guía de Axudas Sociais.

O vindeiro venres 18 de novembro presentamos a Guía de Axudas Sociais. Información ao servizo das persoas! en Nigrán.

Entramos nuns días cheos de presentacións de libros. O martes 25 de outubro estará en Vigo Magda Piñeyro autora do libro "Stop Gordofobia y las panzas perversas". Será a partires das 20:30 no café "De Catro a Catro" (rúa Xerona 16 - Vigo).

Boa Vida en colaboración coa Oficina de Dereitos Sociais de Coia (Vigo) organizamos unha charla para dar a coñecer a GUÍA DE AXUDAS SOCIAIS. Será o mércores 16 de decembro ás 20:00 no salón de actos da EPA de Pontevedra (Escola de Adultos) na Avda. de Buenos Aires, 22-23.

Achégase a fin dun mundo... a do mundo capitalista devorador da terra e das persoas. E agora que?

Pois agora é un bo momento para coñecer as propostas do ecoloxismo social. Luís González Reyes (Ecoloxistas en Acción) pasará por Vigo para presentar "En la espiral de la energía", un libro sobre a historia do planeta e da humanidade, dende a perspectiva do consumo enerxético e material. Unha obra comezada a dúas mans por el mesmo xunto a Ramón Fernández Durán, que trata nos seus dous volumes sobre as formas de habitar o territorio, economías, sistemas políticos, tipos de traballo, demografía, loitas sociais, formas de relacionarse co entorno, etc.