Presentación da Guía de Axudas Sociais na A.VV. O Torreiro de Coia

Volvemos a enredar da man da Guía de Axudas Sociais. Grazas ao convite da xente da asociación de veciños “O Torreiro de Coia” o xoves 18 de maio falaremos sobre dereitos sociais coa escusa da presentación da Guía de Axudas Sociais. Información ao servizo das persoas!

Será a partires das 20:30 no local que a A.VV. O Torreiro de Coia ten na rúa Salvaterra 13 baixo, no centro comercial 2 de Coia.

Na guía hai información, consellos, alternativas...que pensamos útiles para aquelas persoas que pensan acudir, ou xa o fixeron, aos servizos sociais na procura de respostas ante ao empobrecemento que cada día padecemos máis veciñas.