Xoves 15/10 - Presentación da Guía de Axudas Sociais en Vigo

O xoves 15 de outubro presentamos a Guía de Axudas Sociais. Información ao servizo das persoas! en Vigo. Será no C.S.O.A. A Quinta da Carmiña (rúa do Carme 1) a partires das 19:30, nun acto que organizamos coa xente do G.A.S. ademais de co propio centro social.

A semana pasada contábamos que chegaban as caixas cos centos de guías. Agora comezamos outra etapa: espallar esta guía para que sirva de ferramenta na loita por conservar e ampliar os dereitos sociais para todas. Queremos que a lean, a reflexionen, a compartan... aquelas que padecen con máis dureza o empobrecemento na súa vida cotiá.

Colamos o índice da Guía de Axudas Sociais para que vos fagades unha idea dos temas que trataremos na presentación:

- Introdución

- Consellos prácticos á hora de acudir a servizos sociais

- Axudas sociais da Xunta de Galicia:

_ RISGA
_ Axudas Inclusión Social (AIS, antes nomeadas como AES)
_ Modelo de alegación: aprobación por silencio administrativo

- Axudas sociais do Concello de Vigo:

_ Axudas de Emerxencia Municipais (AEM)
_ Modelo de alegación: aprobación por silencio administrativo

- Outras axudas

- Directorio de servizos sociais: concello e Xunta

- A ODS-Coia e as Asembleas polos Dereitos Sociais

- Ferramentas para a transformación social:

_ Renda Básica das iguais (RBis)
_ Puntos de Información sobre Dereitos Sociais

- Outros colectivos e webs

- Glosario de siglas