feminismos

O sábado 3 de xuño temos o pracer de contar con Alicia Alonso Merino que presenta o libro "Feminismo anticarcelario, el cuerpo como resistencia" editado por Zambra-Baladre. A presentación será ás 12h00 no salón de actos da parroquia do "Cristo da Vitoria" na rúa Baiona 9, Coia (Vigo).

Verán para moitas e tempo de lectura. Baladre dende hai anos leva apostando pola edición de libros e moitas seguro que sodes coñecedoras do amplo catálogo. En Coia temos moitos dos títulos, polo que se tedes interese non dubidedes en contactar para facervos con eles.

Prestacións de 400€ concedidas con meses de atraso e despois dunha morea de trabas burocráticas e controis por parte dos servizos sociais.

Este venres 11 de marzo a nosa compa de Baladre, Mari Fidalgo, presentará en Ourense o libro: "Renda Básica das iguais e feminismos. Da centralidade do emprego á centralidade da vida".

Será no local de A Galleira (Praza San Cosme - Ourense) a partires das 20h00.

Unha das consecuencias históricas do patriarcado, consistiu en someter á muller e relegala ao ámbito doméstico coma nai e esposa, adicada aos coidados, sen recursos económicos propios e por tanto, dependente economicamente do home.

Un ano máis as xentes da ODS-Coia, Grupo de Axitación Social (GAS) e Baladre xuntamos forzas para reivindicar o dereito a vivir dignamente nunha semana de actividades por diferentes cida

Diversos colectivos da cidade organizamos o 16 e 17 de xuño as Xornadas: “Libros para transformar a realidade”. Coas presentacións dos dous libros convidamos a todas aquelas que pulan por desbordar o sistema capitalista a reflexionar en común, a dialogar, a crear formas de vida viables para toda a humanidade, para todo o planeta.

- Presentación do libro: “En la Espiral de la energía”. Coa presenza de Luis González Reyes (Ecoloxistas en Acción). Martes 16 de xuño ás 19:30 no local de Árbore (r/López Mora 30, Vigo).

Un libro sobre a historia do planeta e da humanidade, dende a perspectiva do consumo enerxético e material.