libros

En Baladre e Zambra levamos décadas cunha teima. Parir libros, textos que sirvan como ferramentas colectivas para a transformación social. Hai tempo que perdemos a conta do número de libros editados nestas décadas de coordinación. Pasan os anos e seguimos saíndo lbros do prelo.

Verán para moitas e tempo de lectura. Baladre dende hai anos leva apostando pola edición de libros e moitas seguro que sodes coñecedoras do amplo catálogo. En Coia temos moitos dos títulos, polo que se tedes interese non dubidedes en contactar para facervos con eles.

Diversos colectivos da cidade organizamos o 16 e 17 de xuño as Xornadas: “Libros para transformar a realidade”. Coas presentacións dos dous libros convidamos a todas aquelas que pulan por desbordar o sistema capitalista a reflexionar en común, a dialogar, a crear formas de vida viables para toda a humanidade, para todo o planeta.

- Presentación do libro: “En la Espiral de la energía”. Coa presenza de Luis González Reyes (Ecoloxistas en Acción). Martes 16 de xuño ás 19:30 no local de Árbore (r/López Mora 30, Vigo).

Un libro sobre a historia do planeta e da humanidade, dende a perspectiva do consumo enerxético e material.