Libros libres: "Que é a Renda Básica das iguais" e "Renda Básica das iguais e feminismos"

Verán para moitas e tempo de lectura. Baladre dende hai anos leva apostando pola edición de libros e moitas seguro que sodes coñecedoras do amplo catálogo. En Coia temos moitos dos títulos, polo que se tedes interese non dubidedes en contactar para facervos con eles.

Nesta volta queremos falar de libros, pero na versión dixital. Paseniño imos liberando na rede os materiais que vimos publicando con moito esforzo. Nestes días vimos de pendurar dous libros en galego:

- "Que é a Renda Básica das iguais": un pequeno caderno imprescindible para achegarse a esta proposta.

Descarga aquí > archive.org - EPUB - FULL TEXT - KINDLE - PDF - TORRENT

- "Renda Básica das iguais e feminismos": un libro escrito por varias compañeiras no que atopamos as implicacións das RBis na loita contra o heteropatriarcado e a VIDA.

Descarga aquí > archive.org - EPUB - FULL TEXT - KINDLE - PDF - TORRENT

Nesta web de Baladre tedes o resto de publicacións en formato dixital > http://rentabasicadelasiguales.coordinacionbaladre.org/libros-mas-libres