renda básica das iguais

A Renda Básica das iguais

Dende a ODS-Coia asumimos a defensa e a mellora da proposta da Renda Básica das Iguais (RBis), tarefa na que non faltan os apoios de moitos grupos e colectivos.

Definimos a RBis como o dereito que ten cada cidadán e cada cidadá, polo feito de nacer, a percibir unha cantidade periódica para cubrir as súas necesidades materiais.

Non obstante, para convertela en algo máis que unha declaración de principios, á definición engadímoslle unhas características, estruturais e de opción política, que a converten nun instrumento de acción política e social, así como nun mecanismo que garante a redistribución da renda. Estas características especifican que a RBis ha de ser individual (non familiar); universal (non contributiva e para todos); incondicional (independente do nivel de ingresos e do mercado de traballo); a contía ha de ser polo menos igual ao albor de pobreza e recibir cada persoa a mesma cantidade; unha parte da RBis percibirase en man e a outra en forma de bens de uso colectivo; a maioría das prestacións sociais actuais suxeitas a control e gasto burocrático quedarán refundidas na RBis; e como instrumento de loita contra o capitalismo, esperamos que se converta nun patrimonio dos movementos anticapitalistas.

+info:

http://rentabasicadelasiguales.coordinacionbaladre.org

http://rbis.coordinacionbaladre.org

http://www.rentabasica.net

Vídeos: Ya es la hora de la Renta Básica de las iguales > https://vimeo.com/413592535

Es la hora de la Renta Básica de las Iguales > https://vimeo.com/424466164

Este xoves 13 de maio participamos nas II Xornadas sODStendo o planeta que organiza a Uvigo xunto á Rede Social Galiza Sur.

Achegamos un texto escrito polas compas de Zambra Málaga que leva por título: "Ingreso Mínimo Vital. Panacea no, migaja". Partillamos a continuación estas letras:

Perdonen que no nos sumemos a la fiesta.

Achegamos "Temos fame de dereitos", texto escrito por tres compañeiras de Baladre: Ruth L. Herero, Isabel Álvarez e Diego Lores que fala sobre as falsas respostas dos servizos sociais á crise xerada polo COVID-19.

En tempos de confinamento hai moito debate sobre rendas básicas, rendas mínimas, medidas para abordar o empobrecemento... No ano 2012 publicamos na Galiza o texto "Estudo de viabilidade da renda básica das iguais en Galiza.

Desde o punto información sobre dereitos sociais de Coia amosamos a nosa preocupación pola crise sanitaria e socioeconómica provocada polo Covid-19.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, vai cumprir un propósito que fixo a pasada Noitevella. No mes de febreiro de 2019 vai renunciar ao soldo que ten asignado, é dicir, a 80.818,23 € ao ano. Como únicos ingresos contará coa RISGA.

En Baladre e Zambra levamos décadas cunha teima. Parir libros, textos que sirvan como ferramentas colectivas para a transformación social. Hai tempo que perdemos a conta do número de libros editados nestas décadas de coordinación. Pasan os anos e seguimos saíndo lbros do prelo.

Verán para moitas e tempo de lectura. Baladre dende hai anos leva apostando pola edición de libros e moitas seguro que sodes coñecedoras do amplo catálogo. En Coia temos moitos dos títulos, polo que se tedes interese non dubidedes en contactar para facervos con eles.

Obviamente o titular é falso. O dicimos na primeira frase para que ninguén leve a engano. Xa nos gustaría que moitas máis na Galiza e no Estado Español apostaran pola Renda Básica das iguais (RBis) como ferramenta para reorganizarmos a vida dende abaixo cunhas mínimas condicións para todas.

Dámoslle pulo ao encontro que nesta fin de semana organiza o Foro Galego de Inmigración en A Coruña baixo o título: "Polo dereito a vivir dignamente".

Partillamos a información e o programa:

_Data: Sábado 10 de xuño