Imos camiño de medio ano de Ingreso Mínimo Vital (IMV) e seguen as carencias. O balbordo do seu lanzamento, semellante a outras medidas como o reseso decreto da RISGA ou o lanzamento da Lei de Dependencia, non aliviou o sufrimento co que moitas amencen e anoitecen. En todo caso conseguiu medrar, aínda máis, a tensión e a ansiedade de moitas que quixeron crer que desta sairían da miseria.
No mes de xuño, coas oficinas da Seguridade Social pechadas, acompabañamos a moreas de veciñas no camiño polo labirinto burocrático que supuña solicitar o IMV de forma telemática. Igual que no libro "As doce probas de Astérix" aparecían impedimentos de todo tipo: padrón, convivintes, permiso de residencia, documentos inexistentes...
Rematado o verán e preto xa de finalizar 2020, só unhas poucas daquelas solicitantes son agora perceptoras de dito ingreso. A maioría agardan sen información do estado trámite. Moitas recibiron notificacións e requirimentos que as afastan da súa meta: ter unha vida digna.
Fronte a este desleixo, fronte á indefesión, fronte ás denegacións, fronte os atrasos animamos a nós xuntar para reclamar unha vida digna para todas.