renda básica das iguais

Cadernos para saber máis e debater mellor. Este é o lema do suplemento deBullando recollido en Irimia, a revista quincenal de crentes galegos. O caderno nº4 que saíu do prelo neste mes de maio está dedicado á Renda Básica das iguais.

Partillamos unha entrada dos nosos compas de Erletxea sobre a Renda Básica das iguais. Dende Irún, e xunto a moitas persoas e colectivos, tecen redes na procura doutras formas de vida máis respectuosas co planeta e coas persoas que o habitamos.

Comezamos a semana en Bruxelas. Si, en Bruxelas. En concreto nunhas xornadas de traballo na Comisión Europea e no Parlamento Europeo nas que participamos diferentes colectivos que traballamos no eido da loita contra a pobreza, exclusión social, a loita contra a precaridade, etc.

Partillamos un texto da compañeira Mari Fidalgo no que fai unha valoración das xornadas "Da RISGa á Renda Básica das iguais" celebradas o pasado 2 de abril en Compostela.

Quen parasita a quen?

Dende hai tempo seguimos a Albert Sales, posto que os seus textos están a ser moi lucidos á hora de analizar a pobreza, a exclusión social dentro do capitalismo.

Na ODS-Coia e tamén en Baladre criticamos acotío a aquelas profesionais do social que serven aos intereses do poder.

A xente de Baladre lanzámonos a organizar as xornadas "Da RISGA á Renda Básica das iguais". En decembro de 2012 publicabamos o estudo de viabilidade da Renda Básica das iguais en Galiza, máis tarde, en maio de 2015 a edición galega do libro "Renda Básica das iguais e  feminismos".

Continuamos coas presentacións das participantes nas xornadas "Da RISGA á Renda Básica das iguais". Pecharemos as xornadas coa palestra: “Os Puntos de Información e Denuncia e Asembleas de empobrecidas-precarias”.

Dende hoxe até o venres 1 de abril iremos presentando ás persoas e colectivos que van participar nas xornadas "Da RISGA á Renda Básica das iguais" que se van celebrar en Compos

Prestacións de 400€ concedidas con meses de atraso e despois dunha morea de trabas burocráticas e controis por parte dos servizos sociais.

Este venres 11 de marzo a nosa compa de Baladre, Mari Fidalgo, presentará en Ourense o libro: "Renda Básica das iguais e feminismos. Da centralidade do emprego á centralidade da vida".

Será no local de A Galleira (Praza San Cosme - Ourense) a partires das 20h00.

Tal e como adiantabamos esta semana o sábado 2 de abril celebraremos as xornadas: “Da RISGA á Renda Básica das iguais.