A xente de Baladre lanzámonos a organizar as xornadas "Da RISGA á Renda Básica das iguais". En decembro de 2012 publicabamos o estudo de viabilidade da Renda Básica das iguais en Galiza, máis tarde, en maio de 2015 a edición galega do libro "Renda Básica das iguais e feminismos". Entre medias, moitísimas actividades co obxecto de conseguir que todas teñamos o dereito a vivir con dignidade. Mentres seguimos a padecer unhas políticas sociais por parte da Xunta e dos concellos que non son máis que puras esmolas (RISGA, axudas sociais, municipais...) que lonxe de sacarnos da pobreza afondannos máis nela.
O sábado 2 de abril da man de Mari FIdalgo e Manolo S. Bayona e a partires das 17h os dous compas analizarán onde estamos (RISGA) e até onde precisamos chegar para vivir cuns mínimos (Renda Básica das iguais).
Para aquelas que non coñecemos Baladre deixamos aquí unhas pequena presentación desta coordinación:
Baladre é unha Coordinación de colectivos da Península ibérica e norte de África, así como como colectivos e persoas do cono sur americano, con diferentes sensibilidades, pero cunha vontade común: a de denunciar a desigualdade, o empobrecimiento e a exclusión en calquera das súas formas. Os colectivos que participamos na Coordinación de Baladre vímolo facendo tanto en loitas sociais puntuais e/ou a nivel local, como a nivel global, en mobilizacións estatais e internacionais tales como as Marchas contra o paro, contra a Europa do Capital ou contra o Fondo Monetario Internacional.
Unha das loitas que reforzan a Coordinación de Baladre, e que usamos como ferramenta que unifica a diversidade de reivindicacións dos colectivos e grupos que loitamos pola transformación social (vivenda digna, transporte gratis, repartición de todos os traballos, non á represión e o cárcere,...) é a loita polo dereito á Renda Básica das iguais para todas as persoas, que nos permita vivir dignamente.
Máis información neste enlace: www.coordinacionbaladre.org/noticia/baladre-30-anos-de-luchas-y-enredos-...
Compartimos tamén unha entrevista de Nosotras las Personas, programa de radio Pimienta. Deixámosvos unha entrevista que Manolo S. Bayona lle fai a Mari Fidalgo > http://audio.urcm.net/Nosotras-las-Personas-2010-12-14