Galiza

En tempos de confinamento hai moito debate sobre rendas básicas, rendas mínimas, medidas para abordar o empobrecemento... No ano 2012 publicamos na Galiza o texto "Estudo de viabilidade da renda básica das iguais en Galiza.

Na ODS-Coia e tamén en Baladre criticamos acotío a aquelas profesionais do social que serven aos intereses do poder.

Rematamos en Vigo a campaña estatal da Iniciativa Lexislativa Popular pola Renda Básica (RB). A xente da Oficina de Dereitos Sociais de Coia participamos desde o comezo nesta ILP con varios obxectivos:

- Recoller as sinaturas necesarias para que a proposta chegara ao congreso.

Non esteades impacientes! Este venres, 14 de decembro, todas aquelas que se acheguen a Compostela poderán ter nas súas mans un dos libros máis agardados do ano. O título: "Repartindo a Nosa Riqueza. Estudo de viabilidade da Renda Básica das Iguais en Galiza".

Este libro recolle o traballo de varios anos das xentes de Baladre en Galiza co fin de demostrar a viabilidade económica, e tamén política, da proposta da Renda Básica das iguais.

Mari Fidalgo nun dos textos que abren o estudo propoñe esta reflexión:

"Unha comunidade está conformada por persoas que van actuar como forza de traballo e outras que non, xa sexa pola franxa de idade, estado físico ou ben por decisión propia. E todas precisan ser coidadas e ter garantidas unhas condicións de vida saudábeis. A condición de ser humano é o elemento primario da xeración de tal dereito e, a concepción da fraxilidade e interdependencia que caracteriza a nosa existencia, o sustrato para formular propostas que aborden a centralidade da vida como premisa para o reparto da renda e a xustiza social.

Achegamos un informe que analiza os recortes por comunidades autónomas en materia sanitaria, ao igual que no terreo dos servizos sociais estas medidas non fan máis que afondar, baixo o todo é necesario pola "crise", dinámicas necesarias dende o punto de vista capitalista.

Así presentan o informe:

"Las políticas de recortes en la Sanidad Pública española están siendo aplicadas desde las CCAA que son las que tienen  asumidas las competencias sanitarias, y han sido llevadas a cabo con una intensidad variable según cada una de ellas.

Es evidente que esta diversa aplicación esta mediatizada por muchos factores que van desde el color político, los problemas presupuestarios y la cercanía electoral. Aunque parece obvio que estamos ante una primera fase de los recortes y que es probable que se produzca otra cuando en marzo, después de las elecciones andaluzas, se presenten los presupuestos generales del estado, y que ello puede tener repercusiones importantes en cuanto a nuevas medidas mas importantes.