Libros libres: "Estudo de viabilidade da Renda Básica das iguais en Galiza"

En tempos de confinamento hai moito debate sobre rendas básicas, rendas mínimas, medidas para abordar o empobrecemento... No ano 2012 publicamos na Galiza o texto "Estudo de viabilidade da renda básica das iguais en Galiza. Repartindo a nosa riqueza" que foi coordinado por Diego Lores Correa, Enrique García Escamilla, Manuel Sáez Bayona; e no que colaboraron: José Iglesias Fernández, Sol Molina Zafra, María Fidalgo, Lucía Medina Navarro, Sabela Pérez Iglesias, Pablo Fonte e Laura Seco Benso. A traducción e revisión a fixo María Fernández Bernárdez e foi editado por: Baladre, Zambra, Lapsus, Oficina de Dereitos Sociais - Coia, Grupo de Axitación Social (decembro 2012).

Desde Baladre levamos anos apostando pola edición de libros e textos, os cales entendemos como ferramentas para saír desta tolemia de vida desde abaixo e á esquerda.

Aproveitando o peche forzado liberamos en versión dixital o estudo galego. Podedes atopalo neste enlace en formato .pdf: https://ia801500.us.archive.org/15/items/estudo_rbis_galiza/estudo_rbis_...

Nesta web de Baladre tedes máis publicacións sobre a Renda Básica das iguais e máis temas > http://rentabasicadelasiguales.coordinacionbaladre.org/libros-mas-libres