Pensamos que coas respostas a estas dúas preguntas pode quedar máis ou menos claro que é a ODS-Coia.
- Como e cando nace a Oficina de Dereitos Sociais de Coia (ODS-Coia)?
Este espazo comeza a súa andaina a finais de 2007, cando o despacho da traballadora social que viña funcionando na parroquia do Cristo da Vitoria de Coia pasa a transformarse nun punto de información sobre dereitos sociais.
Tras esta mudanza estaban as vivencias e reflexións que ían xurdindo dos anos de loitas veciñais, de vida comunitaria, de contacto coa dor provocada polos diferentes poderes, de relacións con grupos/persoas opostos ao capitalismo…
A nosa referencia nos comezos foi o traballo da xente de Berri-Otxoak, primeiro punto no Estado español e, por suposto de Baladre, coordinación de loitas contra o paro, o empobrecemento e a exclusión social. Na nosa cidade as compañeiras do Grupo de Axitación Social (G.A.S.) e o apoio da comunidade do Cristo da Vitoria foron claves para chegarmos a este momento de tanta actividade compartida.
- Que facemos?
Tentamos ofrecer información alternativa sobre axudas sociais, denunciar e visualizar a dor inflixida e artellar loitas/resistencias dende abaixo por medio do apoio mutuo.
Para isto, estamos as tardes dos luns nos locais da parroquia en Coia para intercambiar información coas persoas que se achegan, nunha lóxica que procura sermos máis fortes á hora de defender as nosas vidas e uns dereitos acosadísimos. Neste curso temos tamén un espazo de asesoría xurídica.
Este traballo con outros: campañas de denuncia, participación en charlas, presenza na rede… foi no que estivemos ata máis ou menos finais de 2012. A partires desa data a ODS-Coia comeza a diluírse nunha dinámica asemblearia que dende o barrio está loitar polos dereitos sociais de todas, coa renda básica das iguais coma un das súas bandeiras máis recoñecibles.



O curso foi longo e as situacións persoais, laborais, políticas... fan mella e por iso queremos tomarnos este mes de agosto de descanso.
Estamos en setembro e non queremos comezar o curso 2014/15 sen botar unha ollada ao que fixemos nos últimos doces meses.
As compas de el Kontrapunto (Málaga) fixeron un texto sobre os Puntos de Información sobre Dereitos Sociais para a Escola Social de Verán en Movemento de Baladre que vén de rematar hai uns días en Coia (Vigo). Pensamos que o texto pode ser moi útil para achegarse a esta ferramenta e tamén para explicar o que tratamos de facer na ODS-Coia nestes últimos anos.
A nosa web está preseleccionada para os
O vindeiro sábado 12 de abril a ODS-Coia estará en Xixón para participar na
Temos no punto de Coia moitas novidades de Baladre en forma de materiais á venda. Se queredes facervos con elas pásadevos o luns de 17h00 a 19h00 polos locais da parroquia do Cristo da Victoria en Coia ou avisade no mail:
Recordamos que está aberto o punto de información sobre dereitos sociais de Coia e que cada día sobran máis razóns para buscar solucións colectivas ante a