A nosa web está preseleccionada para os PREMIOS LUCEIRA DE COMUNICACIÓN SOCIAL EN GALIZA. Dende o 4 de abril ata o día 30 de abril, está aberta unha votación popular para escoller unha premiada entre as 17 candidaturas seleccionadas pola organización. Se vos animades podedes VOTAR AQUÍ.
Aquí achegamos máis información sobre estes premios:
Os Premios Luceira de comunicación social en Galicia convocados pola Coordinadora Galega de ONGD, a Rede Galega contra a Pobreza (EAPN-Galicia), Cermi Galicia, a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) e Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP).
Estes premios, organizados polas entidades do terceiro sector en Galicia, teñen o obxectivo de visibilizar e poñer en valor o traballo colectivo das distintas iniciativas de comunicación social que existen en Galicia e que dan cobertura ás temáticas do eido social achegando análise, reflexión e participación social.
Neste enlace>>> atoparedes toda a información sobre os premios e a descrición das 17 iniciativas de comunicación nomeadas. Tedes ata o 31 de abril para votar!
O acto de entrega dos premios terá lugar o 13 de maio, ás 17:30 horas, na facultade de Xornalismo da USC.