Iniciamos o curso 2016/17

Paramos no mes de agosto, pero co mes de setembro retomamos a nosa actividade. é dicir, punto de información e asembleas.

O punto de información sobre dereitos sociais funciona todos os luns a partires das 17:00 nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria (r/Baiona 9, Vigo). No punto ofrecemos información alternativa sobre axudas sociais ademais de apoio e folgos a través dos cales artellar loitas/resistencias. Se queredes saber máis sobre o funcionamento dos puntos visitade > http://informate.coordinacionbaladre.org/que_son_PID_ODS

Co curso volvemos tamén coas asembleas polos dereitos sociais que viñamos facendo os martes, cada 15 días, ás 17h tamén nos locais do Cristo da Vitoria.

Seguiremos informando...

Baladre

G.A.S.

Nosotras las Personas

Asociación Contra a Exclusión Social Alambique

Renta Básica das iguais