asemblea

O venres 3 de maio ás 19:30 está convocada unha asemblea aberta co obxectivo de organizar "Sindicato Inquilinas de Vigo". Será nos locais da parroquia do "Cristo da Vitoria" en Coia.

Paramos no mes de agosto, pero co mes de setembro retomamos a nosa actividade. é dicir, punto de información e asembleas.

A ODS-Coia, a parroquia do Cristo da Victoria e o G.A.S. convocamos unha Asemblea aberta de información e denuncia das Políticas Sociais, o luns 30 de xuño a partires das 20:00 no salón de actos da parroquia do Cristo da Victoria (r/Baiona 9, Coia - Vigo). Achegamos o texto da convocatoria:

Non podemos seguir a consentir a situación de total indefensión e precariedade na que as institucións públicas deixan a unha poboación cada vez máis empobrecida, vítima dun sistema económico excluínte que impide que dispoña do imprescindible para vivir con dignidade.

Os nosos parabéns para as compañeiras de Asturies que promoven a loita/resistencia colectiva fronte a problemas sociais, que por desgraza tamén padecemos por estas terras. Vai a convocatoria:

Desde el pasado 13 de mayo un grupo de personas afectadas por la mala gestión de las medidas puestas en marcha por la administración asturiana y la del ayuntamiento de Gijón nos reunimos para compartir los problemas que nos estamos encontrando.

A ODS-Coia, o Grupo de Axitación Social e a parroquia do Cristo da Victoria convocamos á cidadanía a participar na ASEMBLEA ABERTA de información e denuncia da POLÍTICA SOCIAL MUNICIPAL. A xestión das Axudas de Emerxencia Municipais. Celebrarase o venres 25 de abril, a partires das 20h00 no salón de actos da parroquia do Cristo da Victoria (rúa Baiona 9, Coia).

Máis de 2.000 unidades de convivencia agardan pola tramitación de Axudas de Emerxencia Municipais (AEM) do Concello de Vigo. Son máis de 2.000 solicitudes dunha axuda social para “satisfacer necesidades básicas en relación coa alimentación, o aloxamento ou calquera outra situación que poida supoñer un factor de marxinalidade ou risco de exclusión social”, que debido ao “colapso” no concello de Vigo -ata agora estaban a a ser concedidas en pouco máis dunha semana- están a acumular atrasos insoportables para a veciñanza máis empobrecida da cidade.

O pasado 26 de outubro na palestra titulada "Contra a reforma laboral, autoorganización laboral e barrial" un compañeiro achegounos ao movement