axudas emerxencia municipais

Doe estar na miseria. Incomoda ollar que pasan semanas, meses, anos, xeracións e ver que os cartos sempre son problema. Mellor dito, a ausencia deles é a nosa enleada.

“O alcalde deu conta esta mañá da aprobación as axudas de emerxencia que non teñen límite orzamentario e que xa parten de inicio dunha cantidade de 1.125.000, 200.000 euros máis que o ano pasado”1, así comeza o texto publicado o xoves 17 de decembro na web do Concello de Vigo.

“En Vigo no se le corta el agua a nadie” repetía Caballero o 20 de maio. Porén, nesa mesma rolda de prensa, anunciaba unha axuda dun pago único de 100€ para pagar a auga durante o segundo semestre do ano dirixida a familias sen recursos. A medida estaba subvencionada por Aqualia con 30.000€.

O vindeiro mércores 18 de febreiro, ás 10h00 celebrarase un novo xuízo contra o Departamento de Benestar Social do Concello de Vigo, iniciado por unha compañeira da ODS-Coia, en reclamación contra a resolución pola que se lle denega unha Axuda de Emerxencia Municipal (AEM) para débedas de subministración (luz e gas). En apoio desta compañeira, a ODS-Coia, a parroquia "Cristo da Vitoria" e G.A.S. convocamos unha concentración de apoio nas portas dos propios xulgados (r/Lalín, Vigo) a partires das 9:30 da mañá baixo o lema: Fronte á esmola das axudas do Concello, esiximos dereitos sociais!

Trátase do segundo xuízo contra este departamento pola cuestión das AEM, o pasado 29 de xaneiro celebrouse a vista na que unha compañeira demandaba ao concello pola denegación de dúas AEM. Até o momento non foi comunicada unha sentenza que agardamos con esperanza.

Xa son públicas as bases das Axudas de Emerxencia Municipais (AEM) para o ano 2015, pódense consultar na web do concello neste enlace: https://sede.vigo.org/expedientes/tramites/getarchivo.jsp?id=117&tipo=or...

Malia seren aprobadas na xunta de goberno do 30/12/14, non foron subidas á web até a terceira semana do mes de xaneiro de 2015. Días antes, o 10/01/15, fixeramos unha petición no rexistro para que se fixeran públicas as citadas bases; e días anteriores o xefe de servizo do departamento de Benestar Social, en conversa telefónica, non soubo dicir cando as ían facer públicas.

Na ODS-Coia comezamos o 2015 coa estrea dunha nova ferramenta a: Guía de axudas sociais. Información ao servizo das persoas!

A podedes descargar neste enlace: http://odscoia.arkipelagos.net/sites/odscoia.arkipelagos.net/files/guia_axudas_sociais.pdf

Polo momento só en formato dixital, pero en breve tentaremos tela en papel!

Deixamos a introducción da mesma para que vos fagades unha idea do que atoparedes nestas 27 páxinas:

As compas de Berri-Otxoak dino así: Infórmate, reúnete con outras persoas e defende os dereitos sociais!

Nos últimos tempos o alcalde repite como unha ladaíña esta mensaxe: “Vigo es el Ayuntamiento con más política social de España". Propaganda, simulación, mentira... para quen sufrimos estas políticas é o que nos ven á mente ao escoitaren as palabras de Caballero.

Din que destinan unha fartura de cartos ás políticas sociais, como se non soubesen que cada día máis persoas acudimos aos servizos sociais e alí nos atopamos co labirinto da exclusión social. Un labirinto feito a base de “non hai cartos”, de semanas de agarda por unha cita coa traballadora social, de moreas de requisitos; por nomear algúns dos atrancos que os poderes utilizan ao relacionarse coa xente máis empobrecida.

Como lembramos noutras ocasións nas mans do departamento de Benestar Social do concello de Vigo está que accedamos (ou non) ás escasas axudas sociais existentes, tanto da Xunta como do propio concello. Os meses de agarda por unha RISGA, polo “cheque social”, por unha Axuda de Emerxencia Municipal (AEM)… súmanse ás distintas violencias que sofren acotío cada vez máis persoas: precariedade, recortes, desemprego, desmantelamento dos servizos públicos…

O luns 30 o colectivo Imán organiza unha charla informativa baixo o título: Axudas sociais municipais. Axudas de Emerxencia Social e o novo "Cheque Social".

Comezará ás 11h00 no centro cívico do Casco Vello na rúa Oliva 12.

A charla estará conducida pola nova compañeira Esther Lora, avogada e activista social.

Tres meses. Ese é o tempo que levan agardando varias persoas que a finais de marzo entregaron no rexistro do Concello de Vigo unha solicitude de Axuda de Emerxencia Municipal (AEM). O silencio foi a resposta do departamento de Benestar Social a unhas demandas coas que buscaban cubrir necesidades tan básicas coma o pagamento de recibos de luz ou gas, as débedas do alugueiro, a compra de alimentos básicos.... Os responsables do departamento recoñecen ter moitos expedientes “atascados”, mentres o alcalde aproveita calquera declaración pública para falar da fartura de gasto social do seu goberno.

Coa lei na man, se no prazo de tres meses non hai resolución da AEM, a axuda considérase concedida, a tódolos efectos, por silencio administrativo. O concello está na obriga de estimar a solicitude pasado ese prazo, polo que non dubidedes en encher o modelo de alegación e entregalo no rexistro municipal coa copia da vosa solicitude de AEM.