Guía de axudas sociais. Información ao servizo das persoas!

Na ODS-Coia comezamos o 2015 coa estrea dunha nova ferramenta a: Guía de axudas sociais. Información ao servizo das persoas!

A podedes descargar neste enlace: http://odscoia.arkipelagos.net/sites/odscoia.arkipelagos.net/files/guia_axudas_sociais.pdf

Polo momento só en formato dixital, pero en breve tentaremos tela en papel!

Deixamos a introducción da mesma para que vos fagades unha idea do que atoparedes nestas 27 páxinas:

As compas de Berri-Otxoak dino así: Infórmate, reúnete con outras persoas e defende os dereitos sociais!

O empobrecemento, o desemprego, a precariedade, as pensións de miseria, a cesta da compra que non para de subir, a vivenda entendida como un ben de consumo, colócannos fronte a serias dificultades para atender as necesidades máis básicas. Isto fai que moitas persoas nos vexamos en graves problemas para cubrir os mínimos para a vida: alimentación, vivenda, saúde…

Estas situacións estannos obrigando, a moitas de nós, a acudir aos chamados “servizos sociais” na procura de axuda, solución ou, ás veces, dese milagre que precisamos para satisfacer as nosas necesidades básicas.

A realidade amosa que o que debería de ser un acceso seguro e transparente a un servizo público (como a sanidade ou a educación) convértese, de feito, nunha “carreira de obstáculos” onde desgraciadamente é preciso ir informada de antemán, coñecer os nosos dereitos, saber o que dicir e o que non se “permite” facer etc.

A continuación deixamos indicacións, consellos, pautas… que consideramos útiles para aquelas persoas que pensan acudir ou xa tiveron contacto co mundo dos servizos sociais.

Para nós esta guía é unha ferramenta máis coa que loitar polo dereito a unha vida digna para todas as persoas.

Coia, decembro 2014

---

A guía en ISSUU: http://issuu.com/ods-coia/docs/guia_axudas_sociais/0