Máis de 3.000 organizacións e movementos sociais quixemos expresar a importancia do acceso aos servizos básicos de auga, luz e gas, e esiximos ao Goberno do Estado a recuperación da moratoria de cortes en pleno estado de alarma e pandemia mundial a través dun manifesto.
Dámoslle pulo á campaña da Alianza Contra a Pobreza Enerxética que anima á mobilización como resposta ás medidas tomadas polo Goberno ante a crise do COVID-19.
A represión non para. Hoxe a xente da Alianza Contra a Pobreza Enerxética coñeceron que tres compañeiras -unha delas a súa voceira María Campuzano- eran denunciadas por Agbar por defender os dereitos de todas nunha acción nas dependencias desa compañía.
O vindeiro sábado 24 de febreiro convidamos a participar no obradoiro que baixo o título: “Contra a pobreza enerxética: alternativas e dereitos” conducirá María Campuzano (Alianza Contra a Pobreza Enerxética e Enxeñaría Sen Fronteiras).
A finais de febreiro, na finde do 23-24-25, estará con nós María Campuzano. María participa na Alianza contra a Pobreza Enerxética e pertence ademais a Enxeñería Sen Fronteiras.
Diversos colectivos e organizacións lanzamos unha convocatoria contra a pobreza enerxética. Será o mércores 21 de decembro a partires das 20:00 e sairemos dende Vía Norte até o MarcoÁs 8 pm dia 21 percorrido Via Norte ata o Marco.
A auga da moito cartos. Moitos para as grandes transnacionais, uns poucos para os gobernos municipais que a venden como unha mercadoría máis. Un modelo de xestión que permite aos concellos financiarse malvendendo este ben común, igual que o fan con tantos outros.
“En Vigo no se le corta el agua a nadie” repetía Caballero o 20 de maio. Porén, nesa mesma rolda de prensa, anunciaba unha axuda dun pago único de 100€ para pagar a auga durante o segundo semestre do ano dirixida a familias sen recursos. A medida estaba subvencionada por Aqualia con 30.000€.
Volvemos a convocar unha concentración, coa xente do G.A.S., baixo o lema: A auga é un dereito. Os dereitos non se cortan! Será o vindeiro xoves 16 de xuño ás 11:00 nas oficinas que Aqualia ten na rúa Venezuela 4, baixo.