Guía da Alianza contra a Pobreza Enerxética

A finais de febreiro, na finde do 23-24-25, estará con nós María Campuzano. María participa na Alianza contra a Pobreza Enerxética e pertence ademais a Enxeñería Sen Fronteiras. Estará en Vigo para nos falar das loitas que argallan en Catalunya co obxectivo de que as subministracións básicas (luz-auga-gas) sexan un dereito de todas.

A principios do mes de febreiro ofreceremos toda a información das actividades para esa fin de semana, mentres recomendamos que visitedes a web da Alianza Contra a Pobreza Enerxética > pobresaenergetica.es. Moi recomendable é o Libro vermello da APE unha guía na que atoparedes moita información para evitar que os nosos dereitos sexan "cortados" > http://pobresaenergetica.es/wp-content/uploads/2016/05/LibroRojo-5maig.pdf