regades

A auga da moito cartos. Moitos para as grandes transnacionais, uns poucos para os gobernos municipais que a venden como unha mercadoría máis. Un modelo de xestión que permite aos concellos financiarse malvendendo este ben común, igual que o fan con tantos outros.

Volvemos ás dependencias de Aqualia na rúa Venezuela, hoxe acompañados dunha forte chuvascada. Guiños do tempo.

Volvemos a convocar unha concentración, coa xente do G.A.S., baixo o lema: A auga é un dereito. Os dereitos non se cortan! Será o vindeiro xoves 16 de xuño ás 11:00 nas oficinas que Aqualia ten na rúa Venezuela 4, baixo.

Varias ducias de persoas xuntámonos esta maña baixo o lema: Auga para todas!

A auga é un dereito básico. O acceso a este servizo, a este ben, non debería estar en mans de empresas privadas, que especulan e que non garanten que persoas sen recursos vivan situacións terríbeis como a do corte desta subministración.

A situación económica derivada das medidas tomadas nos últimos anos provocou que cada día máis persoas teñan graves problemas para satisfacer as súas necesidades básicas. Parte deses problemas derivan en importantes dificultades económicas para cubrir todos aqueles gastos en materia de vivenda.

O pasado 30 de marzo solicitamos unha entrevista con David Regades, concelleiro de Fomento, Limpeza e Contratación. Esta concellería é a responsable do servizo municipal de augas en Vigo que xestiona Aqualia, empresa do grupo FCC.