información

O 1 de xuño foi publicado no BOE o Decreto Lei que pon en marcha o Ingreso Mínimo Vital (IMV).

Iniciamos un novo curso, xa son 11 anos de punto de información e denuncia en Coia, con cambios.

As compas de Berri-Otxoak o din así: Infórmate, reúnete con outras persoas e defende os dereitos sociais!

Estes camiños tratamos de andar, e semella que o tempo de loita na rúa, nos despachos, nos rexistros presentando escritos... deron froitos. Nos últimos meses denunciamos a opacidade na xestión das axudas emerxencia municipais (AEM), a ausencia dun protocolo que respectara o procedemento administrativo legalmente establecido. Problemas que nos deixaban nunha situación de indefensión ante unha administración xorda ante a realidade social que viven as persoas.

A presión e as razóns que fomos quen de colocar trouxeron o recoñecemento da necesidade dun procedemento. Agora o concello recoñece que podemos presentar "a solicitude e documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello ou nos Centros Municipais de Servizos Sociais onde están as diferentes UTS."

Recordamos que está aberto o punto de información sobre dereitos sociais de Coia e que cada día sobran máis razóns para buscar solucións colectivas ante a