Recordamos que está aberto o punto de información sobre dereitos sociais de Coia e que cada día sobran máis razóns para buscar solucións colectivas ante a falta de recursos xeneralizada.
Dende a ODS-Coia ofrecemos información sobre prestacións sociais (RISGA, Pensión Non Contributivas, Axudas de Emerxencia, etc.), como preparar as entrevistas coas traballadoras sociais, documentación e requisitos destas prestacións...
E todo coa idea de visualizar a dor que provoca o capitalismo e de artellar respostas colectivas que nos permitan sobrevivir cunha mínima dignidade.
Lembramos que estamos todos os luns de 17h00 a 19h00 nos locais da parroquia do Cristo da Victoria de Coia (Baiona 9) e que tamén podedes contactar con nós no email: dereitossociais@gmail.com e no móbil 696618732