Prestacións

Prestacións

Neste apartado ofrecemos información das prestacións sociais públicas en Galicia, xa que ante os problemas de precariedade laboral, as insuficientes contías das pensións, o elevado prezo da vivenda... cómpre estar ben informados dos nosos dereitos. As prestacións máis destacadas son a Renda de Integración Social de Galicia (RISGA) e as Axudas de Inclusión Social (AIS).

Renda de Integración Social de Galicia (RISGA) “é unha prestación social de carácter periódico destinada a garantir recursos económicos de subsistencia a quen careza deles, mediante un proxecto personalizado de inserción constituído por un conxunto de accións tendentes á mellora da integración persoal, familiar, social e, se é o caso, laboral da persoa beneficiaria”.

Se queredes máis info botade un ollo á Guía de Axudas Sociais > http://odscoia.arkipelagos.net/sites/odscoia.arkipelagos.net/files/Guia%... ou a estes documentos que xuntamos: a guía feita polos compañeiros de Berri Otxoak e o documento "Aliados de los pobres".

A pandemia orixinada pola COVID-19 deteriorou, aínda máis, as condicións de vida de moitas persoas que xa andabamos nas periferias. En xuño de 2020, con gran rebumbio, o goberno de España aprobou o Ingreso Mínimo Vital (IMV).

Ao redor de 40.000 galegas son beneficiarias dunha Pensión Non Contributiva (PNC). Dito en euros, preto de 40.000 galegas malviven con, falamos da contía máxima, 380'10 €/mes.

Denuncia pública: gravísimo incumprimento da Xunta de Galicia coa publicación no DOG, por sorpresa e no mes de agosto do decreto sobre a RISGA (cun prazo de 15 días hábiles), furtando así un debate público imprescindible ao conxunto da cidadanía e ás entidades sociais galegas.

“Cultura de servizo á cidadanía: o SEPE traballa por e para a sociedade. A vocación de servizo público das persoas da organización fai que o nivel de satisfacción aumente con cada usuario satisfeito.

Dende o 2012 os recortes e o endurecemento están a deixar a moitas persoas sen uns mínimos de protección, así o expresan os últimos datos: “Nos últimos sete

A Consellería de Política Social, que dirixe José Manuel Rey Varela, continúa co seu acoso ás persoas máis empobrecidas, en concreto ás perceptoras da RISGA. Explicamos a situación que está a sufrir unha compañeira.

A Xunta nola quere xogar coa RISGA. Van de preocupadas pola inclusión social anunciando novas medidas, pero o único que fan e engordar o número de persoas que sofren o empobrecemento e a precariedade.

Alporiza sufrir unha mala lei e unha peor aplicación. Falamos da nova lei da RISGA. Malia que falan dela coma un recurso para facilitar a inclusión social das persoas e colectivos máis empobrecidos o que atopamos nela é unha DESFEITA.

O 1 de xaneiro de 2014 entrou en vigor unha nova lei de RISGA. A Xunta superou o prazo máximo (6 meses) para ter o decreto que desenvolva a lei e mentres as de sempre sufrimos as consecuencias dunha lei moi condicionada pola escaseza de orzamento.

Moitas veces temos denunciado que a terrible situación de empobrecemento e precariedade que padecen tantas persoas e familias en Galicia está a ser agravada dun xeito intolerable pola resposta insuficiente e precaria da Xunta, que pasa case exclusivamente por unha RISGA insuficiente e excluínte,