O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, vai cumprir un propósito que fixo a pasada Noitevella. No mes de febreiro de 2019 vai renunciar ao soldo que ten asignado, é dicir, a 80.818,23 € ao ano. Como únicos ingresos contará coa RISGA.
Coincidindo coa conmemoración do Día Internacional dos Dereitos Humanos, e ante a vindeira aprobación definitiva pola Xunta de Galicia do decreto da RISGA, organizacións sociais e políticas de Galicia convocamos roldas de prensa informativas simultáneas en tres cidades para presentar a campaña "F
Cantas veces temos escoitado que “as persoas que cobran axudas viven moi ben e que por iso non queren traballar”. Do mesmo xeito, canta veces teñen dito cargos políticos de diferente cor que “a mellor política social é o emprego”.
Denuncia pública: gravísimo incumprimento da Xunta de Galicia coa publicación no DOG, por sorpresa e no mes de agosto do decreto sobre a RISGA (cun prazo de 15 días hábiles), furtando así un debate público imprescindible ao conxunto da cidadanía e ás entidades sociais galegas.
Non esquecemos que seguimos sen o decreto que ten que desenvolver a lei da RISGA, vixente dende o 1 de xaneiro de 2014. A Xunta vai para récord e acumula 4 anos de atraso na súa publicación. As últimas novas neste senso foron a publicación, nos últimos meses de 2017, do proxecto deste decreto.
Dende a ODS-Coia elaboramosuse unha proposta de alegacións, que animamos a presentar nos rexistros da Xunta antes do 19 de xaneiro a todas aquelas persoas comprometidas coa xustiza social (só tes que encher os teus datos e asinar).
Obviamente o titular é falso. O dicimos na primeira frase para que ninguén leve a engano. Xa nos gustaría que moitas máis na Galiza e no Estado Español apostaran pola Renda Básica das iguais (RBis) como ferramenta para reorganizarmos a vida dende abaixo cunhas mínimas condicións para todas.
A Consellería de Política Social, que dirixe José Manuel Rey Varela, continúa co seu acoso ás persoas máis empobrecidas, en concreto ás perceptoras da RISGA. Explicamos a situación que está a sufrir unha compañeira.